Benvida

Benvid@s á web do CEIP A Lama

Dirección: Avda. do Concello Nº22, C.P.36830 A Lama (Pontevedra)

Telf: 986.768.132           Fax: 986.768.004

E-mail: ceip.alama@edu.xunta.es

[Enlace á web antiga

O RECANTO DE LEO... O BLOG DA BIBLIOTECA!

E por fin... xa temos o blog da biblioteca.

Costoume un pouco chegar a conquista destas novas tecnoloxías (son un ratiño moi ocupado) pero... xa estou aquí!

Coñecede o meu recanto e asomádevos a: www.orecantodeleo.blogspot.com

E non esquezades deixar por alí a vosa pegada!

Un saudiño. Lémonos...

LEO

CALENDARIO ESCOLAR 2009-2010

27/08/2009 - 00:00
Etc/GMT+1

Xa a poucos dias de comeza o curso escolar queremos facervos chegar as datas e prazos para o próximo curso seguindo a Orde do 15 de xuño de 2009:

 -Duración do curso académico: abranguerá desde o día 1 de setembro ata o 31 de agosto.

 -Actividades lectivas: desde o día 10 de setembro ata o 22 de xuño.

 -Comedores escolares: funcionarán desde o 10 de setembro ata o 22 de xuño.

 -Periodos de vacacións

                    ·Nadal: do día 23 de decembro ata o 7 de xaneiro do 2010.

                    ·Semana Santa: do día 29 de marzo ata o 5 de abril do 2010.

                    ·Entroido: días 15, 16 e 17 de febreiro de 2010.

 -Días non lectivos: celebrarase o día do ensino o 8 de xaneiro do 2010. Ademais o centro elixirá dous días máis fundamentándose en razóns tradicionais, costume ou convivencia pedagóxica, e serán notificados a comunidade escolar en canto dita petición sexa confirmada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

 -Conmemoracións:

                    · Constitución e do Estatuto de Galicia: do 1 ao 11 de decembro.

                    · Día da Declaración dos Dereitos Humanos: 10 de decembro.

                    · Día da Paz: 30 de xaneiro.

                    · Día Internacional da Meller Traballadora: 8 de marzo.

                    · Día Mundial dos Dereitos do Consumidor: 15 de marzo.

                    · Semana da prensa: do 8 ao 12 de marzo.

                    · Día do libro: 30 de abril.

                    · Día Mundial da Saúde: 7 de abril.

                    · Día de Europa: 9 de maio.

                    · Semana das Letras Galegas: do 18 ao 21 de maio.

                    · Día Mundial do Ambiente: 5 de xuño.

 -Período de adaptación do alumnado de 3 anos: dende o día 10 ata o 25 de setembro.

 

Este é un resumo das datas máis significativas, así mesmo calqueira dúbida ou variación nas mesmas serán notificadas a través do centro.

VOLVEMOS A COMEZAR!!!

08/01/2009 - 10:00
08/01/2009 - 16:30
Etc/GMT+1

Nenos, nenas, profes, pais... xa todos disfrutamos dun merecido descanso!!! Agora chegou o momento dun novo ano e volver comezar o cole!!!

DIVERCIENCIA: LOURIZÁN

21/11/2008 - 10:00
21/11/2008 - 13:30
Etc/GMT+1

Os rapaces de 3º e 2º ciclo van facer unha xornada de diverciencia en Lourizán, e disfrutarán cos seus propios sentidos de tódalas diversións que nos achega a ciencia.

DO CAMPO A ESCOLA

07/11/2008 - 15:00
07/11/2008 - 16:30
Etc/GMT+1

Viñeron o cole uns invitados moi especiales: os seres vivos do noso entorno galego. Tódolos nenos/as e moitos mestres disfrutamos coñecendo as curiosidades e vendo de preto a estos animais e prantas.

IMOS A TELE!

19/11/2008 - 16:30
19/11/2008 - 20:30
Etc/GMT+1

Os alumnos/as do CEIP A Lama acudimos como público invitado ó programa da TVG "o pais dos ananos"

HOXE É O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!!

24/10/2008 - 10:00
24/10/2008 - 16:30
Etc/GMT+1

 "De los diversos instrumentos inventados por el hombre, el más asombrosos es el libro; todos los demás son extensiones de su cuerpo...sólo el libro es una extensión de la imaginación y la memoria"JORGE LUIS BORGES

VISITAMOS A BASE DE HELITRANSPORTADOS DO CAMPIÑO

13/10/2008 - 10:00
13/10/2008 - 13:30
Etc/GMT+1

COMEZAMOS O NOVO CURSO!!!!

Benvidos o curso 2008/2009!!! somos moitos nenos e profes novos... queremos aprender moito e facer moitas cousas!!!

Distribuir contido