Información á comunidade educativa de CEIP Anexa-Lugo

Convócanse as axudas do fondo solidario para 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, as axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º e as axudas para adquirir material escolar destinadas a toda a educación primaria para o curso escolar 2016/17.

Remata o prazo para as solicitudes o 23 de xuño de 2016.

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario ou de axudas para adquirir libros de texto teñen a obriga de devolver os recibidos no curso 2015/16 antes do día 23 de xuñlo.

Enlace coa información:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18993

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO 2016/17  

Artigo 31.

1. A estimación ou desestimación das reclamacións formuladas fronte as listaxes provisionais, entenderase realizada a través das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

2. A dirección dos centros públicos e a titularidade dos centros privados concertadospublicarán no seu taboleiro de anuncios e na súa páxina web, antes do 15 de maio de cada ano, as listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas, ordenadas segundo a puntuación total, indicando expresamente a forma concreta para a súa impugnación, órgano competente e prazo, de acordo co artigo seguinte.

3. Estas listaxes definitivas permanecerán expostas no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro ata o día de inicio do novo curso escolar.

4. De conformidade co anterior artigo 30.3, as persoas interesadas poderán consultaras listaxes definitivas coa puntuación desglosada dos criterios de baremo na secretaría do centro.

Artigo 32.

1. No caso de centros públicos, contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 


Para ver un arquivo *.pdf coas listaxes faga “clic” aquí.


O prazo de formalización de matrícula vai desde o 20 ao 30 de xuño.

 Pódese recoller a documentación necesaria na Secretaría do Centro ou descargar un arquivo *.pdf de 9 páxinas con toda a información facendo "clic" neste enlace e imprimilo.


  


 

Distribuir contido