Skip to Content

Listaxes de libros Curso 2024-25

Nos seguintes enlaces, pódese consultar e descargar a listaxe dos libros corrrespondentes a cada curso para o vindeiro curso escolar 2024/25

Libros Educación Infantil

Libros Educación Primaria

Formalización de matrícula Curso 2024-25

Infórmase de que o prazo para formalizar a matrícula do curso 2024-25 abrangue dende o 20 ao 30 de xuño de 2024.

Non formalizar a matrícula na data establecida, representa a renuncia a praza (en ningún caso se avisará por teléfono).

 Máis información

Documentación a presentar:

1.- Documento de formalización da matrícula (Anexo III-1).

2.- Ficha do alumno/a cos datos persoais e familiares.

3.- Autorización para o uso da imaxe persoal do alumno/a.

4.- Autorización para as saídas escolares.

5.- Autorización recollida en horario lectivo.

6.- Enquisa lingüística.

 

 Ademáis, deberase aportar:

1.- Dúas fotografías tamaño carné do alumno/a.

2- Fotocopia dos DNI dos pais e do alumno/a, se o ten.

3.- Fotocopia da tarxeta sanitaria ou certificado médico.

 

Menús almorzo/xantar - Xuño 2024

Descarga aquí menú almorzo

Descarga aquí menú xantar

Máis información no apartado web de "Comedor Escolar"

Xornada de xogos alternativos

Novamente, en colaboración co alumnado e profesorado do CIFP  Politécnico de Lugo, gozamos dunha xornada orientada aos deportes alternativos. Distribuídos en diferentes estacións, tivemos a sorte de poder  coñecer outras variantes dos deportes máis tradicionais. Unha xornada solleira onde mestres e alumnado descubrimos novas actividades e, como non, pasámolo moi ben. 

O noso agradecemento ao CIFP Politécnico de Lugo pola súa desinteresada colaboración. Moitas grazas!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Xogos alternativos

Brinquiños 2024

Xa temos con nós a segunda edición da revista escolar "Brinquiños"!

Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega, agardamos que disfrutedes deste traballo feito con todo o agarimo do alumnado e do profesorado colaborador neste proxecto. 

 

Fondo solidario de libros e axudas para libros de texto e material escolar - Curso 2024/25

Nos seguintes enlaces, pódese consultar e descargar, a información sobre as axudas convocadas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 .

 

DATAS A TER EN CONTA:

. Do 21 de maio ao 21 de xuño: prazo de presentación de solicitudes fondo libros.

. Día 3 de xullo: publicación da listaxe provisional na secretaría do centro.

. Días 4 e 5 de xullo: reclamación ás listaxes.

. Día 8 de xullo: publicación das listaxes definitivas.

Días 9 e 10 de xullo de 10:00h a 13:30h:  entrega de vales de axudas de libros e material.

Nota: As familias que non recollan os vales nestes días (9 e 10 de xullo), terán que agardar ao mes de setembro.

. Primeira semana lectiva de setembro: entrega de libros do fondo solidario.

 

Visita á I Feira de Educación de Lugo

O alumnado de 4º, 5º e 6º de E.Primaria visitaron a I Feira de Educación, Formación e Emprego, organizada polo concello de Lugo en colaboración coa Xunta de Galicia, onde puideron achegarse a distintas ofertas educativas que poderán ter ao seu alcance nun futuro non moi lonxano: tecnolóxicas, científicas, lingüísticas, artísticas, sanitarias, deportivas, culinarias...

Álbum: Curso 2023-2024 -> Feira de educación

Letras Galegas 2024

Conmemoramos o Día das Letras Galegas, adicado este ano á escritora Luisa Villalta Gómez. Despois de coñecer a súa vida e obra literaria, xuntámonos para celebrar esta data con xogos populares: tira da corda, a chave, a raiola, o pano, pato-ganso, a ra ... , nos que un ano máis, contamos coa colaboración do alumnado e profesorado do CPI de FP Politécnico de Lugo. Como remate a esta xornada, gozamos da música tradicional galega que nos trouxo a Asociación Cultural Foliada de Bosende. 

O noso agradecemento a ámbalas dúas institucións pola súa inestimable colaboración. Moitas Grazas!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Letras Galegas 2024

Abracadabra!

O alumnado de E.Infantil asistíu a unha sesión de maxia a cargo do "Mago David", que deixou abraiados a nenos/as e profesorado.

Viron como se separaban aros entrelazados que non tiñan apertura; atónitos quedaron cando o papel converteuse en billetes, o poliño volveu ser ovo, coa luz de cada neno/a iluminouse a Torre Eiffel, e xa para rematar, algún dos nosos, transformouse por un intre, en Harry Potter.

Unha sesión na que xogaron, fantasearon e participaron en experiencias máxicas que fixeron as delicias de todos/as os presentes.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Sesión de Maxia

Mundo bichos

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, tiveron a sorte de poder asistir ao obradoiro "Toca Toca", pertencente ao proxecto "Mundo Bichos", no que puideron observar e tocar con total seguridade, distintas especies de invertebrados como insectos pau, arañas ...

Ademáis de coñecer as características morfolóxicas e funcionais dos mesmos e a importancia dos invertebrados nos ecosistemas, aprenderon a expresar e manifestar emocións co contacto dos animais. Sen dúbida, unha actividade moi interesante difícil de esquecer!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Mundo Animal
Distribuir contido


by Dr. Radut