Skip to Content

Fondo solidario de libros e axudas para libros de texto e material escolar - Curso 2024/25

Nos seguintes enlaces, pódese consultar e descargar, a información sobre as axudas convocadas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 .

 

DATAS A TER EN CONTA:

. Do 21 de maio ao 21 de xuño: prazo de presentación de solicitudes fondo libros.

. Día 3 de xullo: publicación da listaxe provisional na secretaría do centro.

. Días 4 e 5 de xullo: reclamación ás listaxes.

. Día 8 de xullo: publicación das listaxes definitivas.

Días 9 e 10 de xullo de 10:00h a 13:30h:  entrega de vales de axudas de libros e material.

Nota: As familias que non recollan os vales nestes días (9 e 10 de xullo), terán que agardar ao mes de setembro.

. Primeira semana lectiva de setembro: entrega de libros do fondo solidario.

 

Letras Galegas 2024

Conmemoramos o Día das Letras Galegas, adicado este ano á escritora Luisa Villalta Gómez. Despois de coñecer a súa vida e obra literaria, xuntámonos para celebrar esta data con xogos populares: tira da corda, a chave, a raiola, o pano, pato-ganso, a ra ... , nos que un ano máis, contamos coa colaboración do alumnado e profesorado do CPI de FP Politécnico de Lugo. Como remate a esta xornada, gozamos da música tradicional galega que nos trouxo a Asociación Cultural Foliada de Bosende. 

O noso agradecemento a ámbalas dúas institucións pola súa inestimable colaboración. Moitas Grazas!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Letras Galegas 2024

Abracadabra!

O alumnado de E.Infantil asistíu a unha sesión de maxia a cargo do "Mago David", que deixou abraiados a nenos/as e profesorado.

Viron como se separaban aros entrelazados que non tiñan apertura; atónitos quedaron cando o papel converteuse en billetes, o poliño volveu ser ovo, coa luz de cada neno/a iluminouse a Torre Eiffel, e xa para rematar, algún dos nosos, transformouse por un intre, en Harry Potter.

Unha sesión na que xogaron, fantasearon e participaron en experiencias máxicas que fixeron as delicias de todos/as os presentes.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Sesión de Maxia

Mundo bichos

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, tiveron a sorte de poder asistir ao obradoiro "Toca Toca", pertencente ao proxecto "Mundo Bichos", no que puideron observar e tocar con total seguridade, distintas especies de invertebrados como insectos pau, arañas ...

Ademáis de coñecer as características morfolóxicas e funcionais dos mesmos e a importancia dos invertebrados nos ecosistemas, aprenderon a expresar e manifestar emocións co contacto dos animais. Sen dúbida, unha actividade moi interesante difícil de esquecer!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Mundo Animal

Menús almorzo/xantar - Maio 2024

Descarga aquí menú almorzo

Descarga aquí menú xantar

Máis información no apartado web de "Comedor Escolar"

Visita ao Castro de Viladonga

O alumnado de 3º curso de E.P, desprazouse ao Castro de Viladonga onde fixeron un percorrido pola historia do mundo castrexo e a arqueoloxía do lugar. Ademáis,  realizaron un obradoiro de cerámica.

Despois de coñecer as técnicas e tipoloxías de traballar coa arxila, fixeron con barro "verdadeiras obras de arte", tomando como modelo, pezas atopadas no castro.

 

 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita ao Castro de Viladonga

Axudas para alumnado con NEAE curso 2024-25

No seguinte enlace, pódese consultar e descargar o extracto da Resolución do 12 de abril de 2024, da Secretaría do Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-25.

Máis información sobre a tramitación no seguinte enlace: Becas e axudas 

 

Calendario Escolar Curso 2024-25

Premendo no enlace, pódese descargar a ORDE do 12 de abril de 2024, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia

Concurso de méritos para a selección e nomeamento de directores/as

No seguinte enlace, pódese consultar a ORDE do 22 de marzo de 2024, publicada no DOG Num 67, do venres 5 de abril de 2024, pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos.

Descarga aquí a orde

Admisión de solicitudes 4º E.Infantil

Infórmase de que todas as solicitudes de admisión presentadas para 4º de E.Infantil - Curso 2024/25, están admitidas.

Distribuir contido


by Dr. Radut