Skip to Content

Novas

Palabra do mes de xaneiro

Aquí temos a palabra do mes de xaneiro: CHISQUEIRO.

Segundo a Real Academia Galega, chisqueiro ten dúas acepcións: 

1) Acendedor de mecha longa.

2) por extensión: Calquera tipo de encendedor.

As palabras finalistas foron: luar, axiña, porquiño, maxia, amistade, somorgullo, cepelín e xoaniña.

 

Revista dixital - XI Certame literario (banda deseñada)

No seguinte enlace poderás acceder á revista dixital cos traballos galardonados no XI Certame literario "Emilia García Barreiro" na modalidade de banda deseñada:

Tamén podes acceder desde o seguinte enlace: Revista dixital (XI Certame literario - banda deseñada)

Entrega premios do certame literario

Onte entregáronse os premios do certame literario, na modalidade de banda deseñada.

Noraboa á aula de 6º de Educación Infantil, a Cayetana de 1º de Primaria, a Lucía Fraga de 2º de Primaria, Breogán e Noemí de 4ºA, Lucía Moralejo de 4ºB, Mateo e Nuria de 5º e Lucas de 6º.

E grazas a todos os participantes pola súa implicación e esforzo.

Palabra do mes de decembro

 

Aquí temos a palabra do mes de decembro: CARDUME.

Segundo a Real Academia Galega, cardume é un conxunto de peixes que van xuntos en gran número. Ten como sinónimos banco, banco de peixe, bandada e manda.

As palabras finalistas foron: can, barruñeira, boneco de neve e bulebule.

Concerto do grupo IAR

O pasado venres o alumnado de 1º e 2º desfrutou dun concerto didáctico de man do grupo IAR. O alumnado escoitou distintos instrumentos, descubriu as partes da gaita e coñeceu distintos ritmos típicos do noso folclore como a muiñeira, xota, pasodoble ou rumba.

 

Palabra do mes de novembro

Alejo, de 2º de Primaria, tróuxonos a palabra do mes do outubro: ZARAPALLADA.

Segundo o dicionario da Real Academia Galega zarapallada é unha mestura de cousas sen orde.

As palabras finalistas foron: ZARAGALLADA (variante da palabra elixida),CABACIÑA, PLENILUNIO, GOLFIÑO, ARROLAR, VIRUXE e CARRAPUCHEIRIÑO.

 

Palabra do mes de outubro

 

Mateo Vila, de 5º de Primaria, trouxonos a palabra do mes do outubro: RABADÁN.

Segundo o dicionario da Real Academia Galega, un rabadán é o pastor principal encargado dun rabaño de gando.

As palabras finalistas foron: VENDIMA, BOLBORETA, LAVA, CHOSCO e ALOUMIÑO.

 

Palabra do mes de maio.

Hugo Facal González de 4º de educación infantil escribiu a palabra gañadora do mes de maio:

GADOUPAS.

NORABOA!

Segundo a RAG, significa:

Pé dalgúns animais, provisto de unllas fortes, curvadas e aguzadas, dispostas para apresar e esgazar.

 

As palabras finalistas foron: choromicas, miñoca, alcaraván e señardade.

Palabra do mes de abril.

Lara Anlló Ardit  de 6ºB de primaria escribiu a palabra gañadora do mes de abril:

CHAFARIZ.

NORABOA!

Segundo a RAG, significa:

Fonte cun ou máis pichos por onde sae a auga a chorro.

 

As palabras finalistas foron rexoubeira, ledicia, porquiño, weltanschauung e muxicas.

Palabra do mes de marzo.

Samuel Saez Campello de 5º A de primaria escribiu a palabra gañadora do mes de marzoBRÉTEMA. NORABOA!



Segundo a RAG, a palabra "brétema" ten a seguinte acepción:

Condensación de vapor de auga do aire en contacto co chan, de constitución similar á das nubes, que reduce a visibilidade.

As palabras finalistas foron:

BOLBORETA, REMENDAFOLES E ESCUDRIÑAR.

Distribuir contido


by Dr. Radut