Skip to Content

COMUNICADO USO DE MÁSCARAS CEIP A SANGRIÑA

Versión para imprimir

O Real Decreto115/2022 do 8 de febreiro,  polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, a modo de resumen, dende o Ministerio de Sanidade establece que:

 

1. O uso de máscara en interiores continúa a ser obrigatorio para todas as persoas maiores de 6 anos (e recomendable para maiores de 3 anos) salvo aquelas casuísticas previstas na normativa.

2. O uso de máscaras en espazos ao aire libre será obrigatorio naqueles casos específicos nos que se organicen eventos multitudinarios nos que os asistentes estean de pé, ou se están sentados e non se poda manter unha distancia de seguridade de cando menos 1,5 metros entre persoas.

Puntualiza o documento que, tendo en conta a definición da OMS de evento multitudinario e dadas as medidas actuais de limitacións en centros educativos, así como a interpretación da norma respecto a eventos multitudinarios, considérase que a interacción nos centros educativos na actividade educativa ordinaria ao aire libre non se corresponde con eventos multitudinarios.

3Respecto da limitación de contactos, lémbrase que deberán evitarse de maneira xeral aquelas actividades no centro educativo que supoñan a mestura de alumnado de diferentes grupos de convivencia ou clases; mantendo a distancia interpersoal a excepción das persoas que forman parte dun mesmo grupo de convivencia estable.

Tendo en conta o exposto e analizando todas as variables no noso Centro, disponse:

1. O uso da máscara en interiores continuará sendo obrigatorio.

2.Tamén seguirá sendo obrigatoria nas entradas e saídas do Centro xa que é un momento no que poden ter lugar aglomeracións e mestura puntual de alumnado de diferentes clases.

3.Cando o recreo sexa ao aire libre cada familia decidirá e comunicará á sua filla/o o uso ou non da máscara sendo responsabilidade de cada nena e neno levar a máscara para poñela na fila de entrada. O centro non subministrará máscaras ó alumnado.

4. Estas instrucións poden ser adaptadas ou modificadas en función dos cambios da incidencia COVID do Centro ou cando haxa modificacións lexislativas.

Esta medida será efectiva no Centro  a partir do venres 18 de marzo 2022



page | by Dr. Radut