Skip to Content

PERCORRENDO A VILA CON LUISA VILLALTA. LETRAS GALEGAS 2024

Este ano a homenaxeada no día das letras galegas é a escritora, filósofa e violinista, Luísa Villalta.

Para celebrar este día, o alumnado do CEIP Manuel Rodríguez Sinde, CEIP Plurilingüe As Solanas e o CEIP A Sangriña, realizaremos un percorrido polas rúas da Vila para divulgar a súa poesía e biografía, actividade organizada polo  Equipo de dinamización da lingua.

https://delerianominho.blogspot.com/2024/04/luisa-villalta.html

Estes serán os horarios e os lugares da Vila onde nos poderedes atopar. Encantaranos que nos veñades ver:

O alumnado de 6º de E.Infantil fixo esta fermosura de cartel que loce espléndida no Centro.

Parabéns polo traballo a alumnado e o seu profe Jose.

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O NOS FERMOSO IDIOMA GALEGO!!

ESPECTÁCULO "CANTA CONNOSCO" MIGALLAS TEATRO

O alumnado de 1º ciclo, 1º e 2º de primaria acompañado das súas mestras e mestres, asistiu en Vigo, na sala Ártika a un espectáculo de cancións teatralizadas.

Correu a cargo de MIGALLAS TEATRO

Combinando cancións con accións dramáticas, fixeron desfrutar enormemente ás nosas nenas e nenos que, logo dunha paradiña para a merenda de media mañá, regresaron ó Centro.

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2024/2025

Prazo: do 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.

Está dirixido a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:

  • Discapacidade.
  • Trastorno do espectro autista.
  • Altas capacidades.
  • Trastorno grave de conducta ou da comunicación e da linguaxe.
  • Trastorno déficit da atención e hiperactividade.

 

 Toda a información no seguinte documento e enlaces:  

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109

 https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.htm

ADMISIÓN ALUMNADO 6º PRIMARIA NO IES A SANGRIÑA

Todo o alumnado que solicitou plaza para o IES A Sangriña está admitido.

Como novidade este ano no IES A Sangriña inauguran unha nova canle para as prematrículas e as matrículas do alumnado de ESO e Bacharelato. En lugar de encher un formulario en papel, as familias accederán a un formulario web a través da páxina oficial do IES:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesasangrina/.

Inicio

Paseo de Portugal, 21, 36780, A Guarda - Tel. 886 110 060

Este proceso realizarase entre os días 3 e 13 de maio, ambos incluídos. 

PUNTO LARANXA. CONTRA O ACOSO ESCOLAR.

O Día Internacional contra O acoso escolar, coñecido tamén como Día contra o Bullying  conmemórase o 2 de maio.
Segundo a definición  da Organización Mundial da Saúde (OMS) , o acoso escolar ou acoso é toda intimidación ou agresión física, psicolóxica ou sexual contra unha persoa en idade escolar de forma reiterada de forma que cause dano, medo e/ou tristeza na vítima ou nun grupo de vítimas.

É un fenómeno que afecta a vida escolar, familiar e social das vítimas, é por isto que é moi importante a implicación de toda a comunidade educativa e da sociedade en xeral.

A loita contra él pasa polo tratamento de todas as partes implicadas, vítima, acosador/a e observadores/as pero sobretodo por unha combinación de...

 CONCIENCIACIÓN, PREVENCIÓN, RESPONSABILIDADE E IMPLICACIÓN.

Con motivo desta conmemoración  o CEIP A Sangriña pon en marcha o seu PUNTO LARANXA, como parte do PLAN INTEGRAL contra o acoso escolar impulsado pola Xunta de  Galicia.

Imos ver en que consiste: 

Ademáis, familias e alumnado podedes dende xa, facer uso deste PUNTO LARANXA de forma virtual a través do enlace que tedes colgado nesta web.

Porque.... previr o acoso é tarefa de todos e todas!!!

XORNADA DEPORTIVA DE CONVIVENCIA 4º/5º PRIMARIA

XOGADE é o acrónimo de XOgos GAlegos DEportivos en idade escolar.

 Un programa deseñado pola Xunta de Galicia co que se pretende achegarlle á rapazada  a práctica do deporte.

O noso Centro participa nel dende hai varios cursos.

Nesta ocasión,organizado polo profe JORGE de E. Física, hoxe no Ifevi celebrouse unha xornada de convivencia de atletismo para 4° de primaria e voleibol para 5° de primaria.

Participaron diferentes centros educativos da contorna do Baixo Miño, Gondomar, Nigrán e Baiona. Ali puideron gozar dunha xornada de deporte non competitivo da que desfrutaron enormemente.

Aquí deixamos as imaxes: 

ADMISIÓN ALUMNADO .CURSO 2024-2025

Pódese consultar a listaxe no taboleiro que se atopa no interior do Centro.

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 2024

No ano 1948, a Asemblea Mundial da Saúde proclamou o 7 de abril como Día Mundial da Saúde. Esta data foi escollida en conmemoración á fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS) e coa necesidade de crear conciencia sobre as enfermidades mortais mundiais e crear hábitos sans nas persoas.

Dende o programa Edusaúde, organizouse unha andaina ata o Castelo de Santa Cruz

 Alí esperaba chea de enerxía NURIA GÓMEZ de FITDANCE que impartiu maxistralmente ó noso alumnado unha clase de zumba, dividíndoo por idades e trasmitínllolle toda a súa enerxía e ilusión.

Remataron agotadiños pero felices con tan magnífica experiencia!!!

Non esquecemos tampouco neste día a merenda conxunta con froita, auga e residuos cero claro!!!

Grazas ó Concello da Guarda pola súa colaboración no evento e graciñas moi especiais á mestra da actividade, Nuria.

O día deixou imaxes ben fermosas:

 

Seguide coidándovos e non deixedes de concienciar ás persoas que tedes cerquiña!!!!

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO . CURSO 2023-2024

En cumprimento da nova lei educativa estatal, LOMLOE, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4º curso de educación primaria . No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Podedes atopar máis información neste documento:

CHARLA:O BOSQUE ATLÁNTICO

O 21 de marzo é o día internacional dos bosques, por iso, dende o Concello da Guarda, organizouse para o alumnado de 6º unha charla:

Foi impartida polo educador ambiental Marcos Guisandes para que as rapazas e os rapaces puideran coñecer as principais características deste tipo de bosque e as especies arbóreas que medran nel...Abeleira, Abruñeiro,  Bidueiro, Capudre, Carballo, Castiñeiro, Cereixeira, Érbedo, Espiño branco, Freixo, Hedra, Loureiro, Maceira brava, Oliveira, Pereira brava, Pradairo, Sabugueiro, Salgueiro, Sanguiño, Sobreira, Teixo .

Para rematar a xornada o alumnado puido  aprender xogando os nomes das árbores en galego, tendo máis adiante unha excursión ao Campus Lagoas-Marcosende en Vigo, onde poderán ver e tocar exemplares das vintecinco árbores autóctonas.

MOI BOA EXPERIENCIA. GRACIÑAS!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut