Skip to Content

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

O próximo día 1 de marzo comeza o prazo de admisión para o curso 2024-2025.

Aquí tedes toda a información necesaria.

Podedes chamar ó teléfono 886110081 para resolver as vosas dúbidas.

POSTOS VACANTES PARA O CURSO 24-25

Relación de postos escolares vacantes para o curso 2024-2025.

 

IMAXES DE CENTRO

Imaxes do centro

Álbum: AS NOSAS INSTALACIÓNS -> O NOSO CENTRO

Prazas vacantes 2024-2025

CHARLA:PROTECCIÓN DA NATUREZA

Enmarcada no Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos Centros educativos e o seu entorno e impartida pola Garda Civil, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu hoxe a derradeira charla por este curso dentro deste plan.

Esta vez, faláronlles do Seprona, o Servizo de Protección da Natureza ,unha unidade da Garda Civil,encargada da conservación da natureza e os recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal. Para rematar, visionaron varios vídeos dos traballos que realizan estes profesionais.

 

BATUCADA

Hoxe foi o día...o alumnado de 5º e 6º fixo esta actividade que quedara adiada o último día do Entroido porque o tempo non acompañou.

Dirixindo maxistralmente esta actividade estivo ANTONIO OCAMPO CARRACELAS  do grupo de percusión ODAIKO (https://www.youtube.com/user/odaikopercusiongroup/videos) e a profe VIRGINIA ós que achegamos un agradecemento especial.

O alumnado saiu do Centro cara a praza do As de Copas enchendo de ritmo e son a Vila e sorprendendo gratamente ás persoas que ían polas rúas.

Así transcorreu a actividade:

ENTROIDO 2024. VENRES. CEIP A SANGRIÑA

Remate final deste atípico entroido. O tempo non acompañou e houbo que anular a festa programada para hoxe.

A pesares disto as nosas nenas e nenos viñeron coa súa mellor actitude e co seu disfrace favorito. Nas aulas compartiron merenda, xogos e cine. 

Aquí deixamos as imaxes: 

ENTROIDO 2024.XOVES. CEIP A SANGRIÑA

Aínda que o tempo non axudou, o noso alumnado non o notou...chegaron ó cole : carapuchiñas,ananos,magos,mortadelo, spiderman,moscas e moitos máis personaxes de contos moi ben caracterizados. 

A mal tempo,...disfraces fermosos e ben orixinais!!!

Aquí quedan:

Mañá como o tempo non vai acompañar, tivemos que anular algunhas actividades pero a festa está garantizada!!!

ENTROIDO 2024. MÉRCORES. CEIP A SANGRIÑA

No ecuador da semana de entroido, elefantes, porquiños, lobos,abellas, ratiñas...e unha chea de animais de contos encheron de ledicia e ilusión as aulas.

Aquí os podedes ver: 

 A festa segue claro...mañá...

ENTROIDO 2024. MARTES. CEIP A SAMGRIÑA

2º día de entroido!!! A rapazada encheu aulas e corredores de bruxas, presos, lobos, esqueletes...e de personaxes dos contos un pouco... malotes.

Queredes velos? Aquí están: 

E mañá?...Que siga a festaaaaaaa!!

Distribuir contido


by Dr. Radut