Skip to Content

CONCURSO ESCOLAR SOBRE OS ODS

Os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable) foron creados polas Nacións Unidas  e constitúen un chamamento universal á accion para poñer fin á pobreza, protexer o planeta e mellorar a vida das persoas no mundo.

Son estes:

Dende o Concello da Guarda, convocaron un concurso sobre o tema, resultando gañador o alumno de 1º LUCA ESPAÑOL FERNÁNDEZ.

Ata o Centro, achegouse o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de educación , Fátima Rodriguez para entregarlle o premio:

PARABÉNS LUCA!!!

LETRAS GALEGAS 2023. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

17 de maio é a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada pola Real Academia Galega (RAG) que chega á súa 60 edición rendéndolle homenaxe este ano 2023 ó tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego.

Dende o SEMINARIO GALÁN, como todos os anos,comparten o material que foron creando.

Antes de empezar, un pouco de historia...para saber a razón desta celebración. Descubriralo aquí:

http://seminariogalan.org/inicio/dia

E agora, entramos en materia...

BREVE BIOGRAFÍA: EN VÍDEO/EN PAPEL

 http://seminariogalan.org/inicio/2023

FOTOGRAFÍAS:

http://seminariogalan.org/inicio/2023/fotografias

OBRAS (CLICA EN CADA PORTADA E ABRIRASE)

http://seminariogalan.org/inicio/2023/obras

ACTIVIDADES: EN LIÑA/EN PAPEL

http://seminariogalan.org/inicio/2023/actividades

http://seminariogalan.org/inicio/2023/documentos

E, que vos parece se rematamos cantando como boas galegas e galegos:

AI!!! HO!!! GALEGO!!!

PLANTACIÓN NA HORTA DA SANGRIÑA

Chegou o tempo de plantar na nosa hortiña.

Ata ela nenas e nenos de 4 anos, primeiro, segundos e 4ºA ...levaron diversas variedades de leitugas e amorodos.

Plantaron, abonaron, regaron e...esperar pola colleita!!!

BO TRABALLO!!!

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O Día Mundial da Saúde é un día mundial de concienciación sobre a saúde que se celebra todos os anos o 7 de abril, baixo o patrocinio da Organización Mundial da Saúde entendendo por saúde segundo a OMS “o estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de enfermidade”.

Dende o programa EDUSAÚDE, cun pouco de retraso, pero cos obxectivos intactos, organizáronse andainas por distintos sitios da Vila . Momentos para compartir camiñatas e merendas saudables:

 

Deixaron imaxes ben fermosas:

HIXIENE POSTURAL: LOMBO SAN

Dende E. Física, o profe NOEL tráenos outra novidade para intentar mellorar as posturas corporais do noso alumnado.

A tecnoloxía vailles axudar a través dun sensor de postura corporal colocado no seu lombo para axudalos a mellorar e ter unha mellor postura.

Para animalos, propón este concurso:

Aquí quedan as primeiras imaxes do seu uso mentras traballan na aula:

BOAS IDEAS PROFE NOEL!!!

TROULADA 31-3-2023

Invitación feita polo centro SAN XEROME para unha xornada de convivencia con centros da Vila á que acudimos hoxe todo o Centro.

Nin o tempo, ameazante de choiva nos fixo dubidar ante a troula, a rememoración de algo tan noso, que levamos tan dentro como son as FESTAS DO MONTE

Así que o alumnado chegou vestido ou coa roupa da súa banda ou con vestimenta cómoda e acompañados con instrumentos tradicionais, bombos, caixas, pandeiretas e gaitas.

Hoxe tamén estivemos de estrea, uns panos rotulados co nome do cole e da nosa Biblio que luciron as nosas nenas e nenos e tamén unha bandeira que nos identificaba co mesmo logo. Así chegamos...

Iniciamos a subida ó Montiño para compartir xornada. Madriñas e padriños ,o alumnado máis maior, foron recoller ás súas afilladas e afillados, o alumnado máis cativo, para subir con eles. Agradecemos o cariño e a atención con que os atenderon.

Unha vez alí, comezou a celebración:

Lectura dun MANIFESTO redactado polo alumnado de 6º, que leron con moito sentimento, Sara e Machado. Aquí queda: 

Logo, merenda, amenizada coa nosa música tradicional: 

E agora...tocar...tocar...todxs xuntos:

Un día inesquecible cheo de fermosas imaxes. Aquí quedan algunhas:

CASTRO SANTA TREGA. VISITA 5º/6º

Nunha mañá solleira pero un tanto fría, o luns 27 de marzo, o alumnado de 5º e 6º. acompañados das súas titoras e da orientadora do Centro, puxeron rumbo ó lugar máis emblemático da Guarda, o CASTRO DE SANTA TREGA.

O obxectivo da saída era observar "in situ"o que estudaran nas aulas, nun traballo feito en grupo do Castro,e aprender novas cousas, dentro do PDI do centro, “A GUARDA É VIDA”.

Ó pé do Castro, esperábaos JAVIER CRESPO, profesor de historia,ó que agradecemos a súa implicación e atención. Fíxolles unha explicación detallada da vida castrexa, o que comían, como vívían e dos restos atopados neste poboado. Logo de respostar ás preguntas que lles fixeron,merendaron e acompañounos ó CASTRO DE MERGELINA

Para rematar subiron ó alto do castro a ver a ermida de Santa Trega.

Dende alí retomaron a baixada ata o cole. Aquí quedan as imaxes. Un día xenial!!!!

 

VISITA DO ALUMNADO DE 2º A FLORES TOXAL

As dúas aulas de 2º de primaria, fixeron unha visita ó viveiro de FLORES TOXAL .                                                          https://www.florestoxal.es/)

Coñeceron unha chea de cousas: viron in situ as partes das flores,observaron o proceso de plantación, entraron nas cámaras onde gardan as flores, observaron como as empaquetaban...

Percorreron as instalacións acompañados en todo momento por Arturo, Ángel e Miguel ós que agradecemos as atencións e implicacións co alumnado . Remataron a mañá invitados á merenda!!!. 

Aquí quedan as imaxes: 

 Despedíronse dun xeito moi primaveral, todas/os recibiron un agasallo floral. Graciñas!!!!

NOVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA

Dende a materia de E. FÍSICA, péchase o trimestre con varias actividades:

* Dende XOGADE ( XOgos GAlegos DEportivos en idade escolar) volveron achegarlle á rapazada  a práctica do ciclismo.Esta vez foi o turno do alumnado de 4º de primaria que, a pesares da choiva, desfrutaron moito:

* Aquí tedes o vídeo da final do TORNEO DE  DATCHBALL que viviu o alumnado con moito entusiasmo.

 

 

 E en primicia, o alumnado de 5ºA presenta as novidades dos patios para o 3º trimentre...novos deportes espéranvos, queredes saber cales? 

PATIOS 3.0 3º TRIMESTRE

PREMIO Á CLASE DE 3º DE PRIMARIA!!!

Aló polo Nadal a Deputación de Pontevedra puxo en marcha unha nova edición da campaña “Grazas xoguetes para promover os xoguetes non sexistas e non violentos.

Para participar no concurso, o alumnado tivo que deseñar e fabricar xoguetes orixinais, creativos, igualitarios e non violentos, sen límites nin estereotipos de xénero e con materiais reciclados e reutilizados.  E así foi como as nenas e nenos de 3º se puxeron en marcha...e crearon un ‘Xogo de cartas non competitivo’ con naipes que representan cada un dos planetas do sistema solar e o Sol, e os comodíns da Lúa, as estrelas e o Big Bang.

Esta é a reseña da noticia:

https://www.depo.gal/es/-/noticia-entrega-premios-grazas-xoguetes

Eles mesmos explican o funcionamento do xogo:

Está é a súa creación elaborada con materiais reciclados como caixas de cartón e tapas de botellas no que o obxectivo é que todxs os xogadores queden sen cartas.

De agasallo  recibiron un lote de material educativo igualitario. Foron cargadiños de ilusión a recollelo a Pontevedra na compaña da súa mestra Nerea e da Orientadora do Centro. Aquí os tedes. Parabéns!!! Sons unhas/uns artistas!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut