Skip to Content

E. PRIMARIA

ESPECTÁCULO "CANTA CONNOSCO" MIGALLAS TEATRO

O alumnado de 1º ciclo, 1º e 2º de primaria acompañado das súas mestras e mestres, asistiu en Vigo, na sala Ártika a un espectáculo de cancións teatralizadas.

Correu a cargo de MIGALLAS TEATRO

Combinando cancións con accións dramáticas, fixeron desfrutar enormemente ás nosas nenas e nenos que, logo dunha paradiña para a merenda de media mañá, regresaron ó Centro.

XORNADA DEPORTIVA DE CONVIVENCIA 4º/5º PRIMARIA

XOGADE é o acrónimo de XOgos GAlegos DEportivos en idade escolar.

 Un programa deseñado pola Xunta de Galicia co que se pretende achegarlle á rapazada  a práctica do deporte.

O noso Centro participa nel dende hai varios cursos.

Nesta ocasión,organizado polo profe JORGE de E. Física, hoxe no Ifevi celebrouse unha xornada de convivencia de atletismo para 4° de primaria e voleibol para 5° de primaria.

Participaron diferentes centros educativos da contorna do Baixo Miño, Gondomar, Nigrán e Baiona. Ali puideron gozar dunha xornada de deporte non competitivo da que desfrutaron enormemente.

Aquí deixamos as imaxes: 

CHARLA:O BOSQUE ATLÁNTICO

O 21 de marzo é o día internacional dos bosques, por iso, dende o Concello da Guarda, organizouse para o alumnado de 6º unha charla:

Foi impartida polo educador ambiental Marcos Guisandes para que as rapazas e os rapaces puideran coñecer as principais características deste tipo de bosque e as especies arbóreas que medran nel...Abeleira, Abruñeiro,  Bidueiro, Capudre, Carballo, Castiñeiro, Cereixeira, Érbedo, Espiño branco, Freixo, Hedra, Loureiro, Maceira brava, Oliveira, Pereira brava, Pradairo, Sabugueiro, Salgueiro, Sanguiño, Sobreira, Teixo .

Para rematar a xornada o alumnado puido  aprender xogando os nomes das árbores en galego, tendo máis adiante unha excursión ao Campus Lagoas-Marcosende en Vigo, onde poderán ver e tocar exemplares das vintecinco árbores autóctonas.

MOI BOA EXPERIENCIA. GRACIÑAS!!!

XORNADAS INICIACIÓN Ó ATLETISMO. 4º PRIMARIA

XOGADE é o acrónimo de XOgos GAlegos DEportivos en idade escolar. Un programa deseñado pola Xunta de Galicia co que se pretende achegarlle á rapazada  a práctica do deporte.

Abrangue múltiples disciplinas e, no noso caso, organizado polo profe Jorge de E.Física, o alumnado de 4º de primaria gozou no patio dunhas xornadas de iniciación ó atletismo.

 

 

 

Fomentar o deporte nos máis novos e novas garántenos contar con bos deportistas e atletas no día de mañá, e o que é máis importante, consolidar eses hábitos que mellorarán a súa  calidade de vida.

Ademáis gozaron moito da actividade como se pode comprobar nas imaxes:

CHARLA:PROTECCIÓN DA NATUREZA

Enmarcada no Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos Centros educativos e o seu entorno e impartida pola Garda Civil, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu hoxe a derradeira charla por este curso dentro deste plan.

Esta vez, faláronlles do Seprona, o Servizo de Protección da Natureza ,unha unidade da Garda Civil,encargada da conservación da natureza e os recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal. Para rematar, visionaron varios vídeos dos traballos que realizan estes profesionais.

 

CHARLA SOBRE SEGURIDADE VIARIA

Enmarcada no Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos Centros educativos e o seu entorno e impartida polo sarxento da Garda Civil DANIEL CASTELO, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu hoxe unha interesante e moi necesaria charla sobre educación viaria.

Nunha charla moi amena, moi cercana ó alumnado e sempre interactuando con eles/elas, o sarxento Castelo, ex-alumno do Centro, quixo deixar claro que as vías son lugares de convivencia con educación, prudencia, respecto e tolerancia e que a Garda Civil está para axudar e concienciar dende ben novos á cidadanía.

Ensinoulles de forma práctica, interactuando co alumnado por onde deben ir andando e en coche, o uso de reflectantes, como baixar do autobús escolar, da prudencia a ter nos pasos de peóns. Tamén falou da seguridade nos coches: cintos, repousacabezas, colocación de obxectos, mascotas e do uso das tecnoloxías dentro deles.

Como conclusión recordoulles a importancia de facer as cousas ben dende pequenas/os.

Aquí deixamos as imaxes:

  Desde o Centro, agradecemos á Garda Civil estas charlas que axudan na formación integral do noso alumnado.

TORNEO DE DATCHBALL

Dende a aula de EDUCACIÓN FÍSICA, o profe JORGE,  acercoulle ó alumnado este deporte, xa iniciado nas nosas aulas o curso pasado, o  DATCHBALL .

Traducido ó noso idioma como "balón prisioneiro",trátase dun deporte de colaboración e oposición disputado nunha cancha dividida. O obxectivo principal é eliminar  os xogadores  do equipo contrario lanzando pelotas e tocándolles con estas antes de que estes rivais consigan o mesmo obxectivo. É unha actividade física que axuda a fomentar o traballo en equipo .

E, para darlle máis emoción, organizou un torneo durante os recreos. 

Aquí quedan algunhas imaxes da xornada final que deixan ver a implicación e a boa acollida que tivo entre o noso alumnado.

 

GRACIÑAS PROFE!!!!

INTERCAMBIO ESCOLAR 3º CICLO DE PRIMARIA

O alumnado de 5º e 6º estivo preparando coas mestras de inglés, María Estrada e Toa Rodríguez unhas postais de Nadal que foron enviadas a Polonia, Eslovaquia, Grecia e Alemaña.

Esta é unha das actividades que se inclúen nos proxectos que se están realizando en 5º e 6º de primaria en conxunto cos países citados arriba. O proxecto realízase a través de ETWINNING (plataforma europea para realizar proxectos entre centros). 

En 5º: The Stories that Connect Us (Alemaña e Polonia)

En 6º: Learning About Us With Creativity (Eslovaquia e Grecia).

SANTA ICÍA. DÍA INTERNACIONAL DA MÚSICA

A música celébrase en todo o mundo o 22 de novembro para festexar a toda a xente que dalgunha ou doutra forma se relacióna coa música.

Ademais de homenaxear a Santa Icía, o 22 de novembro tamén ocorreron outros feitos vinculados á musica que merecen ser destacados: 1901: nace o compositor español Joaquín Rodrigo (1901-1999), autor do Concerto de Aranxuez.

A profe Virginia de música quixo unirse á esta celebración invintando ó alumnado de 3º a 6º a traer os seus instrumentos e tocar para as súas compañeiras e compañeiros.

Aquí deixamos un pequeno resumo: 

2º CONCERTO CONSERVATORIO DA GUARDA

Celebramos o Día das Letras Galegas cun 2º concerto co que nos deleitaron alumnado e profesorado do CONSERVATORIO DA GUARDA.

Comezou a PROFE CHARO GUERREIRO DE GAITA  explicando as partes dunha gaita:

E deu paso a un mini concerto  tocado estupendamento por alumnado adulto do Conservatorio no que a profe Charo interactuou sempre cas nosas nenas e nenos. Remataron a sesión coa versión tocada da CAROLINA coreada por todo o noso alumnado. Aquí quedan unhas pinceladas de como soou:

 

Continuou o concerto cunha representación da BANDA INFANTIL DO CONSERVATORIO dirixida por José Antonio Soutelo. Se observades ben, veredes a nosa profe Virginia, integrada nela tocando!!!

Foinos explicando os instrumentos que formaban parte da banda... 

E aquí saiu ROQUE DE 4º co seu instrumento, recibindo moitos aplausos.

Aquí deixamos unha pequena mostra do que soou: 

Canto desfrutamos. Moitísimas grazas ó Conservatorio por facelo posible!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut