Skip to Content

CHARLA SOBRE SEGURIDADE VIARIA

Versión para imprimir

Enmarcada no Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos Centros educativos e o seu entorno e impartida polo sarxento da Garda Civil DANIEL CASTELO, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu hoxe unha interesante e moi necesaria charla sobre educación viaria.

Nunha charla moi amena, moi cercana ó alumnado e sempre interactuando con eles/elas, o sarxento Castelo, ex-alumno do Centro, quixo deixar claro que as vías son lugares de convivencia con educación, prudencia, respecto e tolerancia e que a Garda Civil está para axudar e concienciar dende ben novos á cidadanía.

Ensinoulles de forma práctica, interactuando co alumnado por onde deben ir andando e en coche, o uso de reflectantes, como baixar do autobús escolar, da prudencia a ter nos pasos de peóns. Tamén falou da seguridade nos coches: cintos, repousacabezas, colocación de obxectos, mascotas e do uso das tecnoloxías dentro deles.

Como conclusión recordoulles a importancia de facer as cousas ben dende pequenas/os.

Aquí deixamos as imaxes:

  Desde o Centro, agradecemos á Garda Civil estas charlas que axudan na formación integral do noso alumnado.



page | by Dr. Radut