Skip to Content

E. PRIMARIA

COÑECENDO O BALONMÁN

Esta semana o noso alumnado  vai recibir a entrenadores e xogadoras do Club Balonmán Atlético Guardés para recordar e explicar as normas deste deporte e xogar algo claro!!!

Estamos encantadas/os de recibilos!!!

 

Ademáis o Centro recibiu esta invitación e quere trasladala ás familias por se desexan apuntarse:

CINE EN IGUALDADE: VALENTINA

Invitados polo Concello da Guarda, todo o alumnado do Centro asistiu á proxección da película VALENTINA no Centro Cultural.

É unha aventura de animación musical cunha nena con síndrome de Down como protagonista. A voz de Valentina foi interpretada pola nena Julia Seren con síndrome de Down.

Foi merecedora este ano dun premio Goya á mellor película de animación.

Deixamos aquí o trailer :

 

CHARLA DA GARDA CIVIL PARA 5º E 6º SOBRE INTERNET

Hoxe, o alumnado de 5º e 6º recibiu unha interesántísima charla da Garda Civil para tratar estes temas:

Como é un tema que lles interesa moito, estiveron moi interesad@s e ben atent@s  

A Garda Civil que lles falaba empezou dándolles CONSELLOS para protexer a identidade: evitar subir á internet informacións con datos seus, con fotos comprometidas, desconfiar de persoas descoñecidas, poñer contraseñas seguras...porque quixo deixar claro que ...

Desglosoulles tamén as AMENAZAS DE INTERNET: xogos de rol con chat moi violentos, acoso escolar ou ciberbulling, retos virales...Faloulles de xogos ós que xogaban habitualmente e non eran para a súa idade.

Tamén foi clara nas RESPONSABILIDADES e castigos para determinadas accións.

Dende o Centro agradecemos á Garda Civil estas charlas que axudan na formación integral das nosas nenas e nenos.

XOGANDO NOS RECREOS

20/10/2021 19:14
Europe/Madrid

Queremos que vexades en imaxes a que xoga o alumnado de máis idade do Centro nos recreos.Seguro que sentides curiosidade...sempre nos grupos burbulla e cumprindo todos os protocolos coma auténticas campioas e campeóns, non so xogan ó fútbol que segue gustando moooitoooo.

A zona nova con construcións de madeira resuta moi atractiva...

Raquetas...

Xogos tradicionais...cordas, ligas...

Desfrutan tanto escribindo nos taboleiros...

Practicando cos zancos...

Baloncesto...

Moita variedade!!!! En breve veredes ós peques do cole!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut