Skip to Content

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

Esta é a listaxe de libros do CEIP A SANGRIÑA para o vindeiro curso: 

PASO DE E.INFANTIL A PRIMARIA

O paso de E.Infantil a E.Primaria supón un gran cambio para as nenas e nenos e as súas familias. Prodúcense moitos cambios con respecto a rutinas e métodos de aprendizaxe.

Conscientes disto, a orientadora do Centro, María Masana, preparou esta presentación, e, acompañado do profe Jose, da mestra de apoio, Ana e da mestra de A.L, Carmen convocaron ás familias para visionala e comentala.

Aquí a deixamos para que a repasedes se necesitades e lista para as familias que non puideron asistir á charla:

 

 

FIN CURSO 2022/2023.ROMERÍA

Broche dourado para finalizar este curso. Que mellor forma de rematar o noso Proxecto de Centro que algo tan noso como unha romería!!! Pois así se organizou...

Salón de actos listo para recibir ó alumnado. Alí comezou a actividade: Visionado dos vídeos do PDI de cada curso e GOT TALENT, organizado polo alumnado de 6º

Logo comenzaron as actividades que foron rotando. De novo foron guiadas polo alumnado de 6º ó que volvemos a agradecer a súa dedicación:

*E.INFANTIL: Pulseiras,collage, taller de baile, taller de instrumentos.

*E.PRIMARIA: Origami,Photocoll,taller de chapas,taller de instrumentos, collage, taller construción Kapla.

Despois de tanta actividade chegou a merenda!!! Tortilla, pan, rosca e dóces diversos. Amenizounos esta merenda un grupo de música galega.

Remataron a xornada o alumnado de 6º que se despediron cun baile. Rematan a súa andadura no Centro para emprender a súa viaxe na Secundaria. Desexámoslles o mellor.

Aquí quedan imaxes e vídeos: 

FIN CURSO 2022/2023.FESTA DA ANPA

Todo o alumnado do Centro preparado, ilusionado e con moitas gañas de festa!!!!

O patio estaba dividido en dous escenarios: infantil e primaria. Alí estaban preparados unha chea de xogos.

Para E.Infantil: inchable, transportar pelotas,paracaidas,cordas e vasos.

Para E.Primaria: inchable,casetas coma as das festas, coreografías, pelotas e redes e transporte de vasos.

Foron rotando por cada un, gozando e pasándoo moi ben.

Ó remate, cansados pero felices, repuxeron forzas cunha estupenda merenda traída polas familias de 4 e 5 anos ós que agradecemos o esforzo. Todo estivo moooiii rico!!!

E...chegou o momento esperado por todxs!!! A escuma...rápido, a cambiarse!!! bañadores, toallas, chanclas, gafas...alá imos!!!!

Aquí deixamos as imaxes:

E...uns vídeos do que gozaron coa escuma: 

 

Agradecemento especial ó alumnado de 6º que foron os encargados/as de guiar os xogos. Tamén ó Equipo de actividades extraescolares que, coa colaboración da ANPA, organizaron esta festa e, por suposto, á todo o profesorado sempre dispostos a axudar en calquera tarefa que se lles propoña, sen eles e elas nada disto sería posible.

REMATE DO CURSO 2022/2023

O curso está chegando ó seu fin e queremos facer un peche que deixe nas nosas pequenas e pequenos un bo sabor, unha alegría e un premio ben merecido por un traballo estupendo durante todo o curso.

Esta será a programación:

Comezamos o luns coa colaboración da ANPA (https://anpaasangrina.com/) ...festa!!!!

Para este día pedimos tamén a colaboración das familias que sempre sempre están dispostas a axudar...graciñas!!!

Tamén é momento de mostrar todo o que traballamos no proxecto do Centro A GUARDA É VIDA. Atoparedes toda a información no blog da Biblio. Aquí veredes o resultado do traballo de investigación de todo o curso, de todo o alumnado do centro.

Unha guía audiovisual da nosa vila: A GUARDA. Agardamos que a desfrutedes.

http://bibliopepinho.blogspot.com/2023/06/a-guarda-e-vida.html

E, que mellor xeito de pechar o noso proxecto que algo tan galego e tan guardés como...unha romería!!! Festa!!!!!

 

Agardámovos familias!!!

 

VISITA DO ALUMNADO DE 6º Ó IES A SANGRIÑA

O pasado mércores o alumnado de 6º de primaria foi a coñecer o centro de educación secundariaó que acudirán o curso que vén.

Alí, alumnado de 2º da ESO contoulles a súa experiencia no cambio de etapa e compartiron consellos.

A orientadora Ángeles Martínez, explicoulles como ía ser 1º da ESO e respostou ás dúbidas que lles plantexaron os nosos alumnos e alumnas. 

De seguido, deron un paseo polo centro e coñeceron varias aulas: os laboratorios, a aula de plástica, de música e incluso a biblioteca.

Por último, compartiron uns minutos no patio con alumnado co que estudiarán o próximo curso e saudaron a irmáns, irmás, curmáns/as e outras amizades.

Moi contentos/as e motivados para os últimos días, volveron para o CEIP, onde lles espera a recta final para dar por finalizada a súa etapa de infantil e primaria onde moitos e moitas levan convivindo 9 anos.

Esperemos que lles vaia moi ben!

VISITA GUIADA MONTE ALOIA (TUI)

Que mellor xeito de pechar a celebración do DÍA DO MEDIO AMBIENTE que unha visita a un parque natural!!! Alá fomos ó MONTE ALOIA en Tui para facer  unha fermosa senda ó redor da aula da natureza que tamén visitamos. Observamos in situ especies de arbores e arbustos e os animais que habitaban o lugar. Na aula mostráronos  unha pequena historia do monte e fotografías de plantas e animais.

Agradecemos a complicidade e a paciencia dos guías que nos acompañaron e que se adaptaron estupendamente ás distintas idades do noso alumnado.

Aquí quedan as imaxes: 

SÁIDA FINAL CURSO 2022/2023. ECOPARQUE MARÍN

Rematamos o curso cunha actividade ben emocionante. Os cursos de 3°, 4°, 5° e 6° fomos ata o Ecoparque de Marín para facer un circuito arbóreo con tirolinas.

Estaban separados por niveis de dificultade e o alumnado tiña que superar o nivel para poder pasar ó seguinte. Algúns dos nosos profes anímáronse a participar tamén. Reto superado a pesares dos nervios!!! Canto desfrutaron!!!

Despois comida no parque e  mercaron xeados ou algunha lambonada.

Tivemos moita sorte, xa que o tempo portouse bastante ben con nós, e só caeron unhas pinguiñas...nada importante.

Logo voltamos ó cole onde xa esperaban as familias.

Isto si que foi unha boa maneira de despedir o curso!

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Conmemoramos o día do medioambiente no noso Centro lembrando algunas das pequenas accións e xestos que día a día fan do noso cole un centro máis sostible e coidadoso co medio e coa natureza.

Son moitas pequenas cousas que, xuntas, fan un cole máis sostible: xa case non usamos botellas plásticas, cada vez traemos menos envoltorios, levamos os restos orgánicos ó noso composteiro, reciclamos en todas as aulas, facemos  andainas para gozar da nosa contorna, limpezas para manter limpo os espazos que nos rodean…

Por todo isto queremos agradecer a cada unha das nosas nenas e nenos a súa colaboración no programa RECREO RESIDUOS 0 e en VOZ NATURA  coa entrega dunha botelliña que poderán utilizar moitaaaaaas veces. Tamén hai un agasallo especial para aqueles nenos e nenas que menos residuos trouxeran ao centro ao longo do curso.

                                                             GRACIÑAS!!!!

TEATRO EN VIGO. SALA ÁRTIKA

O alumnado de Infantil de 4 e 5 anos e do 1º ciclo de primaria asistiron a unha obra de teatro na sala ÁrtiKa de Vigo.

Alá foron moi emocionados no autobús para ver a obra:

UMMM! UNHA COMEDIA MUSICAL PARA CHUPAR OS DEDOS

Remataron a xornada merendando en Samil e desfrutando do día!!!

Aquí deixamos as imaxes: 

UN DÍA XENIAL!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut