Broche dourado para finalizar este curso. Que mellor forma de rematar o noso Proxecto de Centro que algo tan noso como unha romería!!! Pois así se organizou...
Salón de actos listo para recibir ó alumnado. Alí comezou a actividade: Visionado dos vídeos do PDI de cada curso e GOT TALENT, organizado polo alumnado de 6º.
Logo comenzaron as actividades que foron rotando. De novo foron guiadas polo alumnado de 6º ó que volvemos a agradecer a súa dedicación:
*E.INFANTIL: Pulseiras,collage, taller de baile, taller de instrumentos.
*E.PRIMARIA: Origami,Photocoll,taller de chapas,taller de instrumentos, collage, taller construción Kapla.
Despois de tanta actividade chegou a merenda!!! Tortilla, pan, rosca e dóces diversos. Amenizounos esta merenda un grupo de música galega.
Remataron a xornada o alumnado de 6º que se despediron cun baile. Rematan a súa andadura no Centro para emprender a súa viaxe na Secundaria. Desexámoslles o mellor.
Aquí quedan imaxes e vídeos: