Skip to Content

A SANGRIÑA. ENTROIDO 2023. VENRES

Versión para imprimir

Día grande na celebración do noso entroido. Para comezar, coma sempre, nenos e nenas co seu disfrace, hoxe como cada un/unha quixo. Coma sempre moi logrados. 

Aquí os tedes: 

 E...nunha mañá solleira pero con algo de friaxe baixamos ó patio, ía suceder algo especial.

De súpeto...algo soou e chegou ela, a pantalla, índa que non era unha pantalla calquera, era a nosa pantalla máis especial que tiña como misión percorrer o patio e ser perseguido polos máis pequenetes.

Fermosas imaxes que nos deixa a actividade:

O seu remate, outra actividade novedosa, a fariñada. O patio tinguiuse de branco. Batallas de fariña divertían a nenas e nenos...que non o credes, mirade mirade:

 Agora turno para a batucada. Baixou o alumnado de 5º e 6º portando instrumentos de percusión caseiros e comezou a música co seu ritmo acelerado. Foron percorrendo o patio e detrás fóronse unindo os demais cursos nun desfile cheo de cor.

Deixamos un anaquiño:

 

 Hora de merendar!!! tanta actividade encheunos de fame. Todo estaba preparado. Graciñas, esta vez, ás familias de 1º e 2º. Todo exquisito, non deixaron nadiña:

Para rematar o alumnado de 6º foi o encargado de facer as coplas previas á queima do meco:

Poñemos fin a este entroido 2023 na Sangriña coa queima do meco:

Agradecemento especial ó Equipo de actividades extraescolares, encargado da actividade,á nosa pantalla especial, profe Noel, a Antonio pola Batucada e ó resto de mestras e mestres por estar sempre dispostxs a todiño.

ATA O VINDEIRO ENTROIDO!!!



page | by Dr. Radut