Skip to Content

SECRETARÍA

AUTORIZACIÓNS DE RECOLLIDA DE ALUMNOS

Debido á situación producida polo COVID-19 este ano publicamos as autorizacións de recollida de alumnos no centro e nas paradas de autobús para o curso 2020-21

Hai un modelo para alumnado de Eduación Infantil e de alumnos de Educación Primaria de 1º a 4º

O segundo modelo é para os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria.

O modelo de Infantil ata 4º de Primaria é para autorizar a recollida no centro e na parada de autobús dos alumnos, por parte das persoas que os poidan recoller que non sexan os pais/nais.

O modelo dos alumnos de 5 º e 6º de Primaria é para recoller o alumnado no centro ou na parada por persoas alleas diferentes ós pais/nais e tamén para autorizar a que estes alumnos poidan sair do centro eles solos ou ir dende a parada de autobús ata o seu domicilio. Estes alumnos con autorización dos seus nais/pais tamén poden acompañar ós seus irmáns menores.

 AQUELES ALUMNOS QUE UTILICEN AS PARADAS DE TRANSPORTE DE AS DE COPAS, SAN CAETANO, PALOMAR E FONTEQUENTE DEBERÁN ENTREGAR TAMÉN O IMPRESO DE AUTORIZACIÓN DE TRANSPORTE PRECARIO.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 8 ó 19 de xuño na Secretaría do centro.

 

Podedes descargar ós modelos aquí ou que se vos entreguen no centro.

 

Un saúdo, 

O Equipo Directivo

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

Reanúdase o prazo de solicitude de Admisión de Novo Alumnado para Educación Infantil e  Educación Primaria do 11 ó 18 de maio 2020

O centro estará aberto en horario de 10.00 a 13.00 para a achega de documentación.

 

A documentación que hai que achegar é:

  • DNI da nai
  • DNI do pai
  • DNI do alumno/a, se o alumno non tivera DNI, fotocopia da páxina do Libro de Familia na que aparece o alumno/a

 

Este trámite involucra a todo alumnado que se incorpore por primeira vez ó centro educativo

Para mais información podedes poñervos en contacto co centro no número de teléfono 886 11 00 81 no horario de 10.00 a 13.00 hrs.

ou enviarnos un correo electrónico a ceip.asangrinha@edu.xunta.es para resolver calquer tipo de dúbida

 

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE MATRICULACIÓN DO NOVO ALUMNADO

 

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

SUSPENDIDAS AS CLASES POLO CORONAVIRUS DURANTE 14 DÍAS

DEBIDO AS MEDIDAS PREVENTIVAS ESPECIAIS ADOPATADAS POLA XUNTA DE GALICIA, QUEDAN SUSPENDIDAS TODAS AS ACTIVIDADES LECTIVAS PARA TODO O NOSO ALUMNADO DENDE O 16 DE MARZO E CUNHA DURACIÓN DE 14 DÍAS.

 

RESERVA DE PRAZA CURSO 2020/2021

RESERVA DE PRAZA CURSO 2020/2021

 

Os alumnos de Educación Infantil 3,4,5 (anos) e 1º, 2º, 3º, 4º e 5º de Educación Primaria, mediante o impreso que se lles remitiu, farán a actualización de datos e reserva de praza neste centro, para o curso 2020/2021. Prazo do 1 ao 17 de febreiro.

Se algún alumno non quere continuar no Ceip A Sangriña terá que solicitar praza non centro que desexe dende o 1 ata o 20 de marzo.

 

Os alumnos de 6º de Educación Primaria, mediante o impreso que se lles remitiu, farán a reserva de praza para o (Instituto de Ensinanza Secundaria) IES A Sangriña para o curso 2020/2021.Prazo do 1 ao 17 de febreiro.

Documentación:

Impreso cuberto eDNIs do pai, nai e alumno/a. No caso de que o alumno/a non teña DNI, fotocopia do libro de familia da súa páxina.

Se algún alumno/a non quere ir para o IES A Sangriña terá que solicitar praza non centro que desexe dende o 1 ata o 20 de marzo.

LISTAXE DEFINITIVA FONDO DE LIBROS CURSO 2019/20

AQUÍ ESTÁ A LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR.

ABERTA A EXPOSICIÓNS DOS PROXECTOS: "UN PATIO CHEO DE VIDA"

Estimadas familias:

Este curso, un grupo de mestres, están elaborando un proxecto para mellorar o patio do noso cole. Para levar a cabo este proxecto fixemos enquisas tanto aos alumnos, como ao profesorado e ao alumnado. Os mestres recibimos formación neste campo e fixemos un estudo do patio actual e das posibilidades. Neste proxecto está colaborando con nós a escola universitaria Galaecia, que se atopa en Vila Nova de Cerveira; alumnos de diferentes licenciaturas elaboraron proxectos de diseño para o novo patio.

 

Queremos convidarvos a exposición destes proxectos que se atoparán durante 15 días no salón de actos do noso cole, no seguinte horario:

 

EXPOSICIÓN "UN PATIO CHEO DE VIDA"

25 MARZO AO 8 ABRIL

LUGAR: SALÓN DE ACTOS DO COLE

HORARIO:

LUNS 3:30 a 5:30

MARTES: 3:30-5:30

MÉRCORES 4:45- 5:30

XOVES 3:30- 5:30

VENRES 4:30-5:30

ESPERÁMOSVOS A TODOS!!!

LISTA DE ADMITIDOS CURSO 2016/17

NO ARQUIVO ADXUNTO TEDES A LSITA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO ESCOLAR 2016/17.

LISTAXE DE LIBROS DE INFANTIL E PRIMARIA PARA O CURSO 2015/16

AQUÍ ESTÁ A LISTA DEFINITIVA DE LIBROS PARA O PRÓXIMO CURSO ESCOLAR.

PRAZO DE RESERVA E VACANTES PARA O CURSO 2015/16

PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZA PARA NOVOS ALUMNOS:

Distribuir contido


by Dr. Radut