Viaxe de fin de curso. 6º

Excursión de 6º. Último día da viaxe

Comezamos o día na cidade do Porto. Despois do xantar volvemos para a casa. Imos estar sobre as oito no noso destino. A partir das sete poden chamar para confirmar hora de chegada.

EXCURSIÓN 6°. 3° DÍA.

Xa hai tempo que chegaron ao hotel no Porto! Están disfrutando moito!!

EXCURSIÓN 6º. 2º DÍA.

Os nenos e nenas de sexto estánse a divertir moito e o tempo é estupendo. Alguhas das actividades que realizaron hoxe foron o salto negativo, escalada no rocódromo e paseo coas canoas polo río.

Despois de cear, disfrutarán da festa nocturna!

EXCURSIÓN 6º. 1º DÍA.

Os nenos e nenas de 6º chegaron ao campamento e xa se están preparando para subir na tirolina!

Disfrutade moito!

Viaxe de fin de curso de 6º 2015

Cuarta xornada (e derradeira): Agora mesmo estamos na área de servizo de San Simón. Estaremos na Solaina, no mesmo sitio do que partimos, arredor das 9.

 

Terceira xornada, xa estamos en Porto, xa fumos ao centro comercial e demos un paseo despois da cea, ao remate fíxosenos un pouco máis longo do que queríamos e por iso estamos informandovos a unha hora tan tardía.

Como din aquí: Tudo bem! 

 

 

Segunda xornada de excursión pasada sen novidade.

Interesante, divertida e moi cansada. 

Mañá facemos unha actividade aquí en Pena aventura e xa marchamos para Porto. 

Seguiremos informando.

 

Xornada do martes. 

Chegada a Pena Aventura. Primeira  xornada de acción e diversión.

Mañá máis.

Fin de curso 2013-2014. 6º Ep en Portugal e Porto

O alumnado de 6º de Educación primaria realizou a viaxe a Portugal para celebrar o seu paso á ESO.

As súas impresións e as imaxes falan por si soas!

Día 3

TERCEIRO DíA:
Hoxe orballou todo o día!!!!!
Ainda así,fixemos as actividades de Pena Aventura programadas : slide (tirolina) e tamén o paintball.
Logo de xantar alí, autobús e vía Porto. Chegamos ao hotel e logo de repartir as habitacións fixemos a visita panorámica pola cidade.
Cea e a durmir que imos estando algo cansos...algúns máis que outros (léase os profes).
Deica mañá,que as nove chegamos.

DÍA 2

SEGUNDO DíA: Hoxe foi un día de bastante movido. Dende o pequeno almoço ás nove e media até este momento, as sete da tarde en Portugal, non paramos: escalada, recorrido polas alturas entre as árbores, tiro con arco e remo en canoa. Un non parar!!! Ahora están en plenos preparativos para a noite: duchas, peiteados varios, modelitos... pois a discoteca promete. (Antes imos cear, ás oito e logo a búsqueda do tesouro que quedou pendiente de onte). Mañá seguiremos informando, aínda que os pormenores da noite serán secreto de estado.

Impresións da viaxe de estudos

De volta á normalidade, cómpre facermos unha reflexión sobre a viaxe de estudos a Portugal. Os días desenvolvéronse sen maior novidade, agás pequenas incidencias, como a fractura sufrida por Dani, que lle impediu continuar connosco o resto da viaxe. Iso si, puidemos comprobar o funcionamento exemplar do Hospital de Vila Real: atención rápida, eficiente e cunha amabilidade desbordante. Os que tivemos a sorte de continuar coas actividades, pasámolo de cine. Por algo se chama Pena Aventura, non parábamos de segregar adrenalina e de poñer caras de impacto. A comida estaba á altura do esperado, o entorno natural non podía ser mellor e o tempo… case perfecto, menos un dos días que nos choveu todo o tempo. Polas noites soubemos comportarnos, sobre todo despois da asemblea onde se deixaron ben claros algúns conceptos: agora todos sabemos a diferenza entre os “borregos” e as “abellas”, traballamos con, para e polo ben do grupo.

A tarde do xoves e a mañá do venres pasámolas no Porto. Descubrimos unha cidade moi grande, con zonas moi bonitas e un dinamismo propio da capital económica do noroeste peninsular. Foi boa pena non podermos ver o moderno Estádio do Dragão, pero non había maneira de aparcar o autobús.

 

En resume, unha viaxe inesquecible.

 

 

 

Pena Aventura on PhotoPeach
Porto on PhotoPeach

O seguinte vídeo é a visión dun alumno, Iago Becerra, da visita a Porto.

3 día de viaxe

Hoxe desfrutamos dunha mañá de sol practicando piragüismo no río Louredo. Despois de xantar collemos o autobús cara o Porto. Despois de facermos unha visita pola cidade, instalámonos no hotel. Mañá, venres, seguiremos coa visita e sairemos para Narón ás cinco da tarde. A hora prevista da chegada é sobre as 21.00. Pódese confirmar por teléfono a partir das 19.30. Non nos queda nada.

  A recollida dos nenos e nenas será no XOAQUÍN BRUQUETAS,  explanada preto da igrexa.

Distribuir contido