Actividades extraescolares

No Samaín 2015...

   Este ano, no CEIP A Solaina temos ganas de Samaín. Quixemos conmemorar esta festa de orixe celta con diversas actividades.

   Ambientamos o colexio durante esta última semana de outubro do 26 ao 29. Decorouse a entrada do centro con murais e lendas do Samaín.

   Durante a semana os rapaces e rapazas trouxeron cabazas decoradas de moitas formas orixinais e divertidas, así coma inxeniosos obxectos decorativos.

   O prato forte?... estes días 28 e 29, días nos que podemos visitar...

a "Casa do ARREPÍO"

 

Premer

 

 

 Galería de imaxes.

Panxoliñas polo nadal

Xa están aquí as panxoliñas que aprendemos para o festival de nadal para que podades seguir cantando durante as vacacións. 

Esperamos que vos gusten e que pasedes un bo nadal.

Plantación na Solaina

Durante os días 12 e 13 de marzo, todo o alumnado de Infantil e Primaria participou nunha nova plantación de árbores no recinto escolar. En colaboración con Voz Natura procedeuse a darlle un espazo a varias especies, tanto de folla caduca como perenne. En concreto, os exemplares plantados foron abetos, magnolios, e diversas árbores froiteiras: maceiras, ameixeiras, pereira, kumquat, mandarino, paraguaio, e feixoa. Nos próximos días procederase a asentar igualmente unha nogueira, un acivro e un pexegueiro.

A plantación estaba prevista inicialmente para os últimos días do mes de xaneiro, coincidindo co día da paz. Como a o tempo foi especialmente adverso durante os últimos meses, optouse por demoralo ata esta semana. 

Agora só queda coidar de cada exemplar, tanto dos asignados a cada unha das clases como ás do resto do alumnado. Por iso vos pedimos un esforzo de atención e agarimo coas árbores do recinto escolar. Queremos que a sensibilidade amosada coas árbores e as plantas máis achegadas ao entorno nos axuden a amalas e respectalas fóra do recinto escolar. Pode ser unha boa aprendizaxe para toda a vida.

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2012

O 21 de decembro tivo lugar no noso centro o festival de Nadal con diversas actuacións por parte do alumando. Entre éstas destacaron varias panxoliñas, unha obra de teatro e os tradicionais bailes que tanto tiñan ensaiado o alumnado de 6º, para acabar coa interpretación por parte do profesorado do centro dunha panxoliña tradicional.

Aproveitouse este acto para facer entrega dos premios do CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL, así como do III CONCURSO DE CONTOS DE MEDO nas súas diversas categorías.

Unha vez rematadas as actuacións, todos nos diriximos ó exterior do centro para recibir a PAPÁ NOEL que este ano chegou nun vehículo de época. Posteriormente, Papá Noel foi polas aulas visitando a todos os alumnos, recollendo as súas cartas e entregándolles un pequeno agarimo para merendar.

Dende o equipo de Actividades Complementarias  aproveitamos para desexarlle a toda a comunidade escolar un PRÓSPERO ANO 2013.

Imaxes do referido acontecemento.

PLANTACIÓN DE ÁRBORES

Hai case un ano o Concello de Narón comezou a construción do novo pavillón dentro do noso recinto escolar. Naquel momento, aínda que con moita dor por parte de toda a comunidade educativa, foi necesario talar varias árbores. O martes 17, en compensación a aquela perda, estivemos plantando baixo a auga de abril. Grazas á nosa participación en Voz Natura puidemos facernos con doce exemplares de diversas árbores e arbustos: pícea, oliveira, salgueiro, carballo, loureiro, buxo, teixo, magnolia grandiflora, magnolia loebneri, araucaria, arce e acivro. Mollámonos, pero estaba todo pensado, dixéronnos que había que regalas moito estes meses. Cada clase tiña asignada unha árbore e agora temos que cuidala, regala e aloumiñala. Uns marcharán nuns meses para o instituto, pero a outros vailles tocar protexelas durante case nove anos. Contamos con que estas árbores e arbustos teñan unha longa vida e nos acompañen a nós e aos que teñan que vir despois. Oxalá os netos dos que hoxe plantaron teñan o pracer de desfrutar algún día da súa sombra.

Podes consultar aquí a noticia na edición ferrolana de La Voz de Galicia do 18 de abril. Tamén tes a opción de ver a galería de imaxes.

 

O blog da natureza da Solaina

Este curso estamos a participar no Programa de Voz Natura a partires das propostas levadas a cabo polo mestre X. Nel Comba, coordinador do programa no centro.

Neste enlace tendes o blog: Biodiversidade vexetal nun contorno urbán, sobre a natureza do noso centro no que o alumnado participa cos seu traballos e comentarios.

 

 

Un Magosto de medo

Chegou o Magosto. Nunca é tarde...

O 22 de novembro pasamos unha parte da mañá cun pouco de medo no túnel que nos tiña preparado o alumnado de sexto. Arrepíome só de pensalo! Comemos as castañas con cobiza, montamos aparellos con palillos e mans de cirurxián, buscámoslle o rabo o porquiño, escoitamos contos terrorííííííííííííficos, aprendimos a asar castañas e, por suposto, pasámolo de medo.

Shhhhhh, óense ruídos ao final do corredor. Mamá, non me espereres paro o xantar.

QUE MEDO!

OBRADOIROS DA ESFOLLA 2011

O vindeiro martes, día 2 de novembro e o mércores, día 3, o alumnado de Ed. Infantil de 3,4 e 5 anos, así como o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, participarán nos  OBRADOIROS DA ESFOLLA DO MILLO.

Por iso, necesitaríamos o maior número posible de mazorcas (sen esfollar), antes do día 2 de novembro. Comprendemos a dificultade que supón atopalas e pregamos ás  persoas que poidan conseguilas, nolo comuniquen a maior brevidade posible.

                                

 

Así se celebrou en infantil.

Dende o Equipo de Actividades Extraescolares, agradecemos a colaboración para esta iniciativa.

CELEBRANDO O SAMAÍN (outubro 2011)

 

Como xa vimos realizando tradicionalmente no noso centro co motivo do Samaín, este xoves 20 de outubro, realizáronse uns obradoiros de  cabazas nos que participaron nenos e nenas de distintos cursos. Nestes obradoiros contouse coa participación de monitores aportados polo Servicio Sociocomunitario do Concello de Narón.

Algunhas destas cabazas están expostas no hall do centro.

Preme aquí para ver máis fotos.

Distribuir contido