Educación Viaria

III Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria2021 .

 

III Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria.

 

O Concello iniciou a terceira edición das Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria, que o pasado ano debido á situación sanitaria se celebraron de xeito virtual e que un ano máis contan coa colaboración da Confederación Nacional de Autoescolas. Un total de 308 escolares de cuarto e quinto cursos de educación Primaria de nove centros de ensino da cidade participan nesta convocatoria, que consta de tres fases, unha teórica, outra práctica e a final.

 Ao longo deste mes de novembro impartiranse estas charlas da fase teórica sobre Educación Viaria e outra sobre Medio Ambiente a cargo dun profesional nesa área nos colexios: Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Ayala, Virxe do Mar, A Solaina, O Feal, A Gándara, Piñeiros e o CRA do Val.  Durante unhas semanas os escolares aos que se dirixen estas olimpíadas recibirán unha formación moi útil no seu día a día, cunha parte didáctica e outra lúdica sobre diversas materias, entre as que tamén están as Matemáticas aplicadas á educación viaria, o Inglés e a Igualdade de xénero.Unha vez que remate esta formación os titores e titoras dos centros seleccionarán entre o alumnado a un grupo mixto de seis nenas e nenos por colexio para participar na final e representar á clase e ao centro educativo.


A continuación terá lugar a fase práctica, que consistirá nunha xincana con bicicletas e para o que serán os propios centros os que elixirán a un alumno ou alumna para realizala, debendo levar ese día unha bici e casco. Un tribunal encargarase de controlar que o circuíto se execute correctamente, asignando unha puntuación que se sumará na fase final.


Esta fase final está programada para o 12 de xaneiro, ás 10.00 horas no Pazo da Cultura e alí os escolares, en grupos de seis por centro, realizarán un cuestionario de trinta preguntas tipo test e todos eles ao mesmo tempo. Para elixir aos finalistas sumaranse os tempos do cuestionario e os da xincana.


Nestas olimpíadas entregaranse un primeiro, segundo e terceiro premio para os tres grupos clasificados con máis puntuación e en caso de empate teranse en conta preguntas do cuestionario. Os premios serán colectivos para que poida disfrutar dos mesmos toda a clase.

 

Asignatura de Educación Viaria

Unha vez confirmada a autorización de Xefatura Territorial, o vindeiro curso o CEIP A Solaina, xunto a outros dous centros de Narón, contará con Educación Viaria como asignatura de libre configuración en 4º de Educación Primaria. O xoves  17 de xuño fíxose a presentación pública no noso centro.

12 + 1 MARCHA CICLISTA VIRTUAL.21-5-2021

A finalidade de esta actividade é continuar coa Marcha Ciclista Escolar que se ven celebrando todos os anos dende o 2008. Este ano debido a que as condicións sanitarias seguen activas e con restriccións, pensouse na idea de facer esta Marcha Ciclista de modo virtual.

 Para levala a cabo cada centro escolar de Narón conta cunha bicicleta estática na que os nen@s de un aula ás 10:30 horas pedalean con quendas entre el@s e seguindo o perrecorrido que marca un video da ruta, ao mesmo tempo o resto da clase realiza o xogo RESPONDE e PEDALEA nun panel de pistas para atopar as respostas.

 Durante ese día repártese unha merenda, ademáis da aula participante, ao resto de cursos de cada colexio entre 3º,4º,5º e 6º de primaria que son cos que realizamos todos os anos a marcha ciclista escolar.

 

PLENO DO CONSELLO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL DO CONCELLO DE NARÓN.23-3-2021

A actividade enmárcase nos Consellos de Participación Infantil, un proxecto que se retomou hai uns meses dende o equipo de Educación Viaria de Narón tras suspendelo durante o curso 2019-2020 debido á situación sanitaria derivada da pandemia pola Covid-19.

Implicáronse na actividade dende as aulas uns 160 rapaces e rapazas que hoxe estiveron representados por 15 escolares na sesión plenaria. Tralas reunións mantidas durante este mes por videoconferencia entre concelleiros da corporación local e alumnado dos centros participantes, hoxe celebrouse o pleno no que os menores puideron coñecer a viabilidade das propostas plantexadas a edís da corporación local.

Nesta iniciativa participaron alumnas e alumnos de quinto e sexto curso de Primaria e de primeiro de Secundaria –segundo o caso- dos colexios da Solaina, A Gándara, Ponte de Xuvia, Ayala, O Feal, Piñeiros e Jorge Juan. Os edís de Seguridade Cidadá, Román Romero; Servizos, Ibán Santalla; Obras, Pablo Mauriz, e Sanidade e Medio Ambiente, Santiago Galego, foron os encargados de informar sobre a viabilidade de cada un dos proxectos presentados.

A proposta plantexada polos escolares da Solaina foi  a restauración da pasarela peonil da vía do tren no barrio, presentada co seu proxecto e acompañado das maquetas correspondentes.  O alumnado foi presentando unha a unha as propostas e os edís encargáronse de analizar con eles a viabilidade das mesmas, na maioría dos casos con opción a materializarse segundo lles avanzaron.

                                

III OLIMPIADAS ESCOLARES VIRTUAIS 2020.

 

Dende o pasado mes de novembro, varios colexios de Narón veñen preparando as olimpiadas virtuais organizadas polo equipo de Educación Viaria do concello de Narón asesorado pola  Confederación Nacional de Autoescuelas CNAE.

Constan de dúas fases: na primeira unha xincana ciclista sobre un circuito de habilidades e na segunda fase un cuestionario sobre temas de educación viaria,patrimonio cultural de Narón,medio ambiente,matemáticas e inglés.

@s alumn@s de 5º curso de primaria do colexio A Solaina veñen de acadar o terceiro posto nas III OLIMPIADAS ESCOLARES VIRTUAIS  2020. 

¡ PARABENS A TOD@S !

"VISTE A TÚA BICI OU PATINETE DE NADAL". DECEMBRO 2021

 

 

 BASES DECORA A TÚA BICI OU PATINETE DE NADAL 2021

Como cada Nadal, dende fai uns anos, imos realizar a campaña de decora a túa bici ou patinete de nadal dende o departamento de Educación Vial no Concello de Narón.

Para proceder a elo contamos con: CEIP A Solaina, CEIP Virxe do Mar, CEIP Piñeiros, CEIP A Gándara, CPR Santiago Apóstol, CPR Jorge Juan, CPI Feal, CEIP Ayala, CRA O Val e CEIP Ponte de Xubia.

A campaña comeza o día 01/12/2021 até o 21/12/2021 (ambos inclusive). Poderán participar todos aqueles escolares matriculados nos centros (infantil, primaria, secundaria).

PROCEDEMENTO

Para poder participar na liga todos os nenos e nenas deberán acudir ao centro escolar en bicicleta ou patinete decorado de nadal.

Para poder participar con dereito a premio deberase mandar unha foto na entrada do colexio da bici ou patín decorados de nadal ao correo do departamento de Educación Viaria ( seguridadevial@naron.es ), só entrarán na participación con dito premio todos aqueles que mandan a respectiva foto a ese correo, todos os que a envíen levarán un regalo. En dito correo deberá constar o nome e apelido da/o nena/o a participar, o centro escolar e o curso

 ANÍMATE E PARTICIPA.

 

"A TUA VELLA BICI MERECE UN SORRISO"


Aproveitamos para informar tamén da campaña para a recollida de bicicletas, patinetes e bicis estáticas usadas e en bo estado.

 

 

MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN.

 

VII MARCHA VIRTUAL POLA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. CONCELLO DE NARÓN

  VII MARCHA CICLISTA VIRTUAL POLA IGUALDADE.

CEIP A SOLAINA 25 NOVEMBRO 2020.

                                                                                                                                                                                                                                                               

 

CALENDARIO ACTIVIDADES ED. VIARIA 2º e 3º TRIMESTRES.

                     

 PROGRAMA "APRENDO PEDALEANDO". 

 2º e 3º TRIMESTRES.CURSO 2019-20.

 

DIA

MES

ACTIVIDADE

CURSO

 VENRES, 6

MARZO 

VISITA AO CIRCUÍTO PUMP TRACK 

4º E.P.

 MÉRCORES, 15

ABRIL 

XINKANA II OLIMPIADAS ESCOLARES 

5º,6º E.P.

VENRES,17

ABRIL

FINAL II OLIMPIADAS ESCOLARES

5º,6º E.P.

VENRES,29

MAIO

XIII MARCHA CICLISTA ESCOLAR

3º,4º,5º,6º

E.P.

 

 

 

 

 

 

ADORNA O TEU PATINETE OU BICI POLO NADAL 2019.

Como o ano pasado, este Nadal podes adornar o teu patinete ou bici con motivos navideños para pasalo ben cos teus amigos.

Se queres, podes enviar as túas fotos ao seguinte correo:  seguridadevial@naron.es

Anímate, xa que ademais, os adornos máis imaxinativos levarán tamén un pequeno agasallo.

BOAS FESTAS  E  FELIZ  ANO 2020.

                 

                              

 

Distribuir contido