Educación Viaria

ERASMUS + ON YOUR BIKE.

 

                                                

CEIP A SOLAINA de Narón participa como socio no proxecto europeo de educación viaria ON YOUR BIKE dentro do programa ERASMUS +, xunto a dous colexios e mailo Concello de Narón.

A semana pasada participamos na primeira reunión en Cardiff (Gales) como socio principal, xunto cos outros socios de Finlandia, Noruega, Portugal e Turquía.

                                                                 

             GALES           ESPAÑA-GALICIA       FINLANDIA        NORUEGA       PORTUGAL           TURQUÍA

 

 

                                                                                                                          

CALENDARIO ACTIVIDADES EDUCACIÓN VIARIA.

 

PROGRAMA "APRENDO PEDALEANDO".

1º TRIMESTRE.CURSO 2018-19

Pica nas actividades para ver as reportaxes fotográficas.

 

DIA MES ACTIVIDADE CURSO
 LUNS, 8 OUTUBRO  VISITA EN BICI AO PUNTO LIMPO 
 MÉRCORES, 10 OUTUBRO  VISITA EN BICI AO PUNTO LIMPO   
XOVES, 22 NOVEMBRO MARCHA EN BICI POLA IGUALDADE
       
       

                                          

CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS. "PEGADAS"

 

O Concello de Narón pon en marcha este curso no colexio da Solaina a iniciativa PEGADAS para que o alumnado de Educación Infantil e Primaria acuda ao centro educativo de maneira autónoma e en condicións de seguridade.O alumnado virá só ou en compañía dun adulto, camiñando, en bici ou en patinete...

Nas reunións de inicio de curso informarase especificamente sobre o desenvolvemento da campaña que comezará en outubro. Mentres pódense rexistrar na web http://pegadas.naron.es/ e poden igualmente informarse no correo electrónico seguridadevial@naron.es  e no teléfono  666 438 222. 

                                           

 

                                                    

XI MARCHA CICLISTA ESCOLAR CONCELLO DE NARÓN 2018

Este venres 11 de maio, participamos na XI Marcha ciclista escolar que organiza o concello de Narón para tódolos alumn@s dos colexios.

Aínda que o tempo non axudou, preto de 200 persoas entre alumn@s,mestres-as e familiares tomamos parte no paseo en bicicleta ata Xubia.Unha vez alí, repuxemos forzas co bocata e o refresco e participamos nunha exhibición das habilidades da unidade canina da Infantería de Marina. Ao remate, regresamos aos colexios en bicicleta para concluír unha xornada de convivencia saudable e chea de ledicia tanto para nen@s como para adult@s.

Despedimos por este curso as actividades de Educación Viaria e agardamos xa as novidades que nos deparará o novo curso escolar.

Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración e que pasedes unhas FELICES VACACIÓNS.

                        

                                              

XI MARCHA CICLISTA ESCOLAR CONCELLO DE NARÓN 2018

C.E.I.P. A SOLAINA-NARÓN.                                           EDUCACIÓN VIARIA      

                                                        

                                                           XI  MARCHA CICLISTA ESCOLAR.

                                                                    

O Concello de Narón convoca a tódolos alumnos-as de 3º,4º,5º e 6º cursos  de primaria, así como ás súas familias,  a participar na  XI Marcha Ciclista Escolar do Concello de Narón o vindeiro venres, 11 de maio 2018.

 

O noso grupo  partirá ao redor das 10:20 horas, dende o C.E.I.P. da SOLAINA, recollendo en cada colexio ao resto dos ciclistas do seu grupo.

Será imprescindible, para a participación neste evento, que os nenos e nenas traian a súa bicicleta e casco homologado para a realización da marcha.

A policía local xunto con protección civil, o moto club  e un grupo ciclista  de Narón acompañarannos durante todo o percorrido ata chegar o paseo de Xubia onde se repartirán bocatas e bebidas.De seguido,haberá unha exhibición da Unidade canina do Tercio Norte de Infantería Marina. (12:00 - 13:00 Horas).

Por último, recordar que o regreso farase de maneira inversa á ida, e iranse deixando aos alumnos en cada colexio antes das 14 horas.

Todos os familiares están convidados a participar nesta actividade coas súas bicicletas e cascos, precisando completar os seus datos (Nome, apelidos e DNI),por mor de cumprimentar o seguro de responsabilidade civil co que imos contar.                               Moitas grazas pola vosa colaboración.

_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _

(Recortar para devolver asinado ao colexio ata o mércores 9  de maio).

 

CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA Á  XI  MARCHA CICLISTA ESCOLAR                             CONCELLO DE NARÓN.

 

D/ Dna.  ………………………………………………………………………  pai/ nai/ titor

do alumno- a ………………………………………………………………………………..

do curso  ……....... do CEIP “A SOLAINA”, AUTORIZO a asistencia á XI Marcha Ciclista Escolar do Concello de Narón.

 

Tamén participarán na Marcha Ciclista as seguintes persoas ADULTAS:

Nome e apelidos:..................................................................................DNI……………….

Nome e apelidos:..................................................................................DNI……………….

Nome e apelidos:..................................................................................DNI……………….

Nome e apelidos:..................................................................................DNI……………….

 

 

Asinado:

 

 

 

 

 

GEOMOVE ENQUISA CAMIÑOS SEGUROS-2

Xa temos a nova edición da enquisa de GEOMOVE para determinar os CAMIÑOS SEGUROS de ida e volta ao colexio.

Se queres colaborar participa completando a enquisa do teu colexio coa clave bordo, que atoparás no seguinte enlace.

MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN.  

 

                        

CALENDARIO EDUCACIÓN VIARIA 3 º TRIMESTRE.

                                     ACTIVIDADES EDUCACIÓN VIARIA

                                            3º TRIMESTRE 2017-18

 

DÍA MES ACTIVIDADE CURSO
MÉRCORES,4 ABRIL OBRADOIRO E XINCANA DE BICICLETA 3º 
 VENRES, 11 MAIO      MARCHA CICLISTA ESCOLAR.  3º,4º,5º e 6º

PISTA DE EDUCACIÓN VIARIA INFANTIL E 1º E 2º PRIMARIA. FEBREIRO 2018

PISTA DE EDUCACIÓN VIARIA NO COLEXIO DA SOLAINA.

Esta semana os alumnos-as de 1º e 2º de educación primaria e tódolos alumnos-as de educación infantil, fixeron as súas clases prácticas de educación viaria na pista que temos habilitada no colexio.

Estiveron dirixidas polos axentes da policía local e unha monitora para que os alumnos-as coñezan e practiquen as normas de circulación,como peóns e tamén como condutores nos correpasillos,patinetes e bicicletas.

Ao remate destas clases prácticas tod@s obtiveron cadanseu carnet de POLICÍA INFANTIL. Agora hai que poñer en práctica todo o que aprendemos.

 

CALENDARIO EDUCACIÓN VIARIA. 2 º TRIMESTRE.

                                    SEGUNDO TRIMESTRE DO CURSO 2017-18

                        ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN VIARIA.       

DÍA  MES   ACTIVIDADE CURSO
XOVES,15 FEBREIRO       PISTA ED. VIARIA 1º A
VENRES,16 FEBREIRO       PISTA ED. VIARIA 1º B
LUNS,19 FEBREIRO       PISTA ED. VIARIA 1º C
MÉRCORES,21     FEBREIRO              PISTA ED. VIARIA  2º A
XOVES,22 FEBREIRO       PISTA ED. VIARIA 2º B

CAMPAÑA SOLIDARIA DE DOAZÓN DE BICIS 2017.

A campaña "A túa vella bici vale un sorriso" comeza de novo en Narón, co obxecto de que os nenos das familias con menos recursos poidan ter unha bicicleta. Un ano máis será o equipo de Educación Viaria do Concello o encargado de desenrolar esta iniciativa, consistente na recollida de bicicletas usadas, incluindo as estáticas, que se doarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.

As bicicletas poden entregarse nos centros escolares do municipio, en horario de actividade lectiva, e tamén no consistorio, neste caso de 8.30 a 14.00 horas.As persoas que queiran colaborar poderán facelo ata o día 22 de decembro, data na que se pechará o prazo de recollida.

 

                                                                             O EQUIPO DE EDUCACIÓN VIARIA RETOMA A CAMPAÑA DE DOAZÓN E REPARACIÓN DE BICICLETAS PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN

 

                                                                                             MOITAS GRAZAS e FELICES FESTAS  a tod@s.

 

Distribuir contido