Educación Viaria

MOSTRA DE TEATRO INFANTIL DE NARÓN. 25-10-2016

 Os alumn@s de primeiro,segundo,terceiro e cuarto cursos de primaria asistiron no Auditorio de Narón á representación da obra de teatro infantil " Rubicundo" a cargo da compañía Ghazafelhos ,dentro da programación da Mostra de Teatro Infantil Narón 2016 .

 Fixeron todo o camiño a pé,acompañados polos mestres-as e pola Policía local de Narón.Chegados ao Auditorio @s alumn@s recolleron as súas entradas numeradas e dispuxéronse a acomodarse nas súas localidades para  ve-la obra. Unha vez rematada a obra, poideron saudar aos actores da compañía e voltaron de novo a pé cara ao colexio.

Podedes ver algunhas imaxes de esta visita na Galería da nosa web.

9ª Marcha Ciclista Escolar Concello de Narón

9ª Marcha Ciclista Escolar Concello de Narón

Venres, día 27 de maio do 2016

PARTICIPA!Animation Library | Signs and Signals

Ficha de inscrición.

Proxecto Educación Viaria - curso 2015-2016.

 

1ª semana da Mobilidade Concello de Narón

 

*****SEMANA VIARIA *****

 

Neste 3º trimestre o concello de Narón vén de iniciar un novo proxecto co fin de seguir promovendo a Educación Viaria e a mobilidade sostible.

Programa das actividades.

 

 

CALENDARIO ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE 2015-16

C.E.I.P. A SOLAINA.                    ED. VIARIA 2015-16

 

CALENDARIO  2º TRIMESTRE.

   

 

MES

DÍA

ACTIVIDADE

CURSO

Xaneiro

Mércores,27

Pista ed. viaria

Educación Infantil

Xaneiro

Xoves,28

Pista ed. viaria

Educación Infantil

Xaneiro

Venres,29

Pista ed. viaria

Educación Infantil

Febreiro

Luns,1

Pista ed. viaria

Educación Infantil

Febreiro

Venres,26

Visita en bici

á reciclaxe na Gándara.

5º Ed. Primaria

 

 

Xaneiro, 2016

EDUCACIÓN VIARIA: CHARLA -COLOQUIO 1º e 2º DE PRIMARIA.17-12-2015

O xoves 17 de decembro tivemos  a visita das monitoras do equipo de educación viaria da D.G.T. da Coruña.Viñeron para dar unha charla aos alumnos-as de 1º e 2º de educación primaria sobre aspectos básicos das normas de seguridade viaria tanto para os peóns como para os ciclistas.Tiveron un coloquio posterior con estos alumnos e por último, visionaron un audiovisual sobre estas normas de seguridade.

Aquí podemos ver algunhas imaxes.

2ª MARCHA POLA IGUALDADE DE XÉNERO CONCELLO DE NARÓN. 25 DE NOVEMBRO 2015

O mércores 25 de novembro os alumnos-as de 5º e 6º cursos de primaria, os seus mestres-as e algúns pais e nais, participamos na 2ª  Marcha pola Igualdade que convocou o concello de Narón. Esta é unha actividade organizada para reivindicar a igualdade  e contra a violencia de xénero.

Saímos do colexio ás 10:30 horas máis de 140 persoas en bicicleta para unirnos á marcha coa demáis colexios participantes.Despois de percorrer algunas rúas de Narón, chegamos á Praza da Gándara. Alí nos ofreceron auga e froita para repoñer forzas e ás 11:30 comezaron os actos organizados polo concello: unhas palabras da concelleira de Igualdade e do alcalde lembrando a conmemoración do día e agradecendo a nosa presenza, e finalmente, a ofrenda floral diante do monumento á muller que hai na mesma praza.Dende alí voltamos en bicicleta ata o noso colexio.

Ata o venres día 4 de decembro no Pazo da cultura do concello de Narón, están expostos os traballos que fixeron  os alumnos-as no colexio  sobre o tema da igualdade de xénero.

 

SAÍA Á RECICLAXE DE PNEUMÁTICOS. 3º e 4º EP

O venres 13 de novembro os alumn@s e profesor@s de 3º e 4º de primaria fixemos unha visita á reciclaxe de pneumáticos no polígono da Gándara, acompañados polo equipo de educación viaria e de emerxencias de Narón, así como por un  grupo de pais e nais dos alumn@s.

Á nosa chegada, tivemos ocasión de escoitar unha breve explicación do traballo que se realiza no taller. Despois, nos repartimos en dous grupos: mentres uns subiamos á aula para ver unha presentación sobre a reciclaxe dos pneumáticos, outros quedaron no taller para ver distintos aspectos do traballo realizado alí. Entre cada quenda nos ofreceron un refrigerio para repoñer forzas e voltar cara ao colexio con novos coñecementos sobre o tema tan importante da reciclaxe.

VISITA AO PUNTO LIMPO DE NARÓN-6º EP

O martes, 29 de setembro os alumn@s de 6º de primaria fixeron unha visita en bicicleta ás instalacións do punto limpo do concello de Narón. Foron acompañados polos profesores e membros do equipo de educación viaria do concello que organizaron esta visita. Alí viron onde se deposita o lixo de xeito selectivo para a súa reciclaxe.

Podedes ver algunhas imaxes de esta actividade na nosa galería.

Distribuir contido