A escritora Ana Alonso no CEIP A Solaina

Era unha visita moi esperada polo alumnado de 3º de EP.

Atrás quedaba a lectura do seu libro "Desafío lunar" da nova colección de Pizca de Sal, dentro do Proxecto Lector. Conseguir a afección pola lectura nos máis pequenos e compaxinala con todo o que rodea ás novas tecnoloxías, non resulta doado. Non obstante, o interese despertado coa súa lectura quedou patente na charla que mantivo con todos nós.

Ana Alonso no CEIP A Solaina o martes, día 5 de marzo.

Saída ao nacemento do río Miño

O 26 de febreiro o alumnado de 4º EP realizamos unha saída ao nacemento do río Miño na provincia de Lugo. Esta saída resultou fructífera e se completou coa visita ao Castro de Vilalonga (Castro de Rei) e, como remate, as Murallas de Lugo.

Os coñecementos adquiridos na aula poidemos amplialos e afianzalos en directo.

(Fonte:www.fotosdegalicia.es)

A pesar da choiva, pasámolo moi ben!

Imaxes.

Visita a Aldea Nova:18 de febreiro

(Fuente:www.turnaron.es)

O 18 de febreiro, o alumnado de 4º de Ep acudimos a Aldea Nova no lugar de Sedes.

O obradoiro de Xogos populares era esperado por todos con espectación.

Realizamos diversas actividades nas que a partir da elaboración dun xoguete popular, poidemos practicar e divertirnos con xogos populares.

Aldea Nova.4º EP. Febreiro 2013

Rosalía de Castro na voz dos nenos

Pola súa importancia para a  nosa cultura, Rosalía de Castro é unha figura á que no colexio prestámoslle especial atención.

 

 

Estes días, con motivo do 176 aniversario do seu nacemento e do 150 da edición de "Cantares Gallegos", estamos levando a cabo o noso particular homenaxe a esta emblemática poetisa.

 

 

Como obxectivo? que os máis pequenos vaian coñecendo aspectos da vida e obra de Rosalía, tales como a súa importancia no denominado "Rexurdimento galego", a súa visión da paisaxe e natureza de Galicia, a súa vinculación con lugares como Padrón ou Santiago de Compostela... aspectos que, agardamos, sirvan para incrementar o coñecemento dos nenos e nenas da Solaina  e para que que vaian coñecendo a apreciando a fermosura de versos como... 

                                               Adiós ríos, adiós fontes,                       

             adiós regatos pequenos...

Imaxes na aula

 

Admisión de alumnado

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar o mércores, 29 de xaneiro, o Anuncio do inicio do procedemento de admisión do alumnado para o curso 2014/2015.

Enlace á publicación da Consellería.

Neste espazo  publicarase a normativa, os  plazos e todas as novas relativas a este proceso de admisión para o curso 2014/2015 no noso centro.

No referido Proxecto cómpre destacar ata o momento:

  • O alumnado matriculado ten garantida a súa permanencia.
  • O alumando de 6º de EP que vaia cursar a ESO no IES As Telleiras  cubrirá o ANEXO I de reserva de praza.
  • A reseva, unha vez realizada, ten carácter vinculante, será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro salvo renuncia expresa antes de que se inice o prazo de presentación de solicitude de admisión. 

 

Visita ao Pazo da Cultura de Narón

 

O venres, 15 de febrerio, o alumnado de 3º de EP realizou a  saída de educación viaria correspondente ao 1º trimestre.

A espectación que xera este tipo de actividades para as que conta coa activa colaboración do Concello de Narón, é notable nos nosos alumnos así coma no vecindario.

O equipo de Educación Viaria do noso centro traballa no día a día con proxectos a menor escala para concienciar ao alumnado da necesidade dunhas normas de circulación. Por iso, dende o citado equipo consideramos estas actividades fundamentais para acadar ditos obxectivos e formar futuros  peóns e ciclistas cívicos.

Educación viaria_3º EP

No Entroido da Solaina houbo...

...pintores, cociñeiros, policías, doutores e enfermeiros, xuíces, traballadores do mar, músicos e persoas relacionadas co mundo do circo.

... degustación dos doces típicos do Entroido.

... música

... pasarrúas polo barrio.

...e, por suposto, a queima do Meco 2013.

 

 

 

 

 

  Todo resultou un éxito.  Detrás había semanas de obradoiros  e preparativos nos que o alumnado foi o protagonista.

 

Nos ciclos pódese atopar imaxes dos momentos previos ao desfile.

 

Imaxes da comparsa.

 

 

 

Así conmemoramos o Día da Paz no colexio

     Hoxe, mércores 30 de xaneiro, é un deses

     días nos que o colexio de A Solaina

     cambia a súa dinámica habitual

     para sumarse ás iniciativas que se celebran

     en todo o mundo cun  único fin:

     conmemorar o Día da Paz.

 


       A nosa particular proposta estivo coordinada pola mestra de Educación Musical quen organizou un especial programa de actividades  nas que o alumnado foi espectador e participante.

Como nexo común a música e como actividades:

  • interpretación coa flauta por parte do alumndo de 6º EP da Novena Sinfonía de Beethoven. Hinmno á alegría. 
  • interpretación por parte de todo a alumnado da canción O MUNDO É GRANDE.
  • visualización do vídeo sobre razas, culturas, relixións... no que os presentes sumámonos ao contido do texto con  UN SAÚDO PARA ALÁ  (Música de Mercedes Peón, montaje de Juan Parga e Almudena Janeiro).

Imaxes dos preparativos...

e imaxes do acto.


Escolarización: Decreto de admisión de alumnado

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar o Decreto 254/2012, do 13 de decembro, (DOG 26/12/2012) polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. 

Máis información.

 

 

A TÚA VELLA BICI, VALE UN SORRISO

 

Outro ano máis o Colexio da Solainaparticipa na campaña "a túa vella bici, vale un sorriso" patrocinada polo equipo de educación viaria do concello de Narón para recoller bicis usadas en bo estado e repartilas entre as familias máis necesitadas.

Dende o colexio queremos agradecer a todos-as a vosa colaboración nesta campaña solidaria e desexarvos un bo Nadal e un feliz ano 2014.

A TÚA VELLA BICI, VALE UN SORRISO
Distribuir contido