Educación Viaria

Educación viaria: Capela da Virxe da O (Pedroso)

As imaxes  mostran o entusiamo do alumnado de 6º de Educación primaria  nesta saída en bicicleta.
A viaxe en tren colmou as súas espectavidades de disfrutar todos xuntos desra organización.

Alumnado , mestres. monitores, policías locais... agradecen o esforzo por facer posible este evento.

 

Edución Vial: Capela da O (Pedroso) on PhotoPeach

CALENDARIO DE EDUCACIÓN VIARIA. 3º TRIMESTRE

 CALENDARIO DE ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN VIARIA

 3º TRIMESTRE

 APRENDO PEDALEANDO

 

Día Mes Actividade Cursos

Venres,10 

Maio Capela da O en Pedroso

Mércores,15

Maio

Marcha ciclista escolar.

3º ,4º,5º e 6º

 

 

 

 

 

 

 

CALENDARIO DE EDUCACIÓN VIARIA. 3º TRIMESTRE

PISTA DE EDUCACIÓN VIARIA 1º- 2º

Os pasados días 4 e 6 de febreiro, os alumnos-as de 1º e 2º de primaria tiveron oportunidade de facer unhas prácticas na pista itinerante que o equipo de educación viaria do Concello de Narón pon a disposición dos colexios para tal fin.

Os alumnos fixeron prácticas, tanto como peóns como condutores, nos vehículos de pedais sobre a pista  con rúas, sinais,etc,. preparada no pavillón polideportivo do colexio.

Ao remate destas actividades e como recoñecemento da súa participación os alumnos-as recibbiron cadanseu carnet de policía infantil os de 1º curso, e o seu diploma os de 2º curso.

Agardamos que estas actividades sirvan para completa-la formación dos alumnos como futuros peóns e condutores.Podemos ver as imaxes desta actividade na Galería de imaxes  desta web.

PISTA DE EDUCACIÓN VIARIA 1º- 2º

Visita ao Pazo da Cultura de Narón

 

O venres, 15 de febrerio, o alumnado de 3º de EP realizou a  saída de educación viaria correspondente ao 1º trimestre.

A espectación que xera este tipo de actividades para as que conta coa activa colaboración do Concello de Narón, é notable nos nosos alumnos así coma no vecindario.

O equipo de Educación Viaria do noso centro traballa no día a día con proxectos a menor escala para concienciar ao alumnado da necesidade dunhas normas de circulación. Por iso, dende o citado equipo consideramos estas actividades fundamentais para acadar ditos obxectivos e formar futuros  peóns e ciclistas cívicos.

Educación viaria_3º EP

ACTIVIDADES EDUCACIÓN VIARIA. 2º TRIMESTRE

CALENDARIO DE ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN VIARIA.

2º TRIMESTRE

APRENDO PEDALEANDO

Luns, 4

Febreiro

Pista educación viaria

1º A e B

Mércores,6

Febreiro

Pista educación viaria

2º A e B

Venres,15

Febreiro

Visita ao Pazo da Cultura

3º A,B e C

ACTIVIDADES EDUCACIÓN VIARIA. 2º TRIMESTRE

POLO NADAL TAMPOUCO DESCUIDES A SEGURIDADE VIAL.

 

 

CAMPAÑA DE SEGURIDADE VIAL POLO NADAL.

Aquí temos uns consellos para mellorar a seguridade infantil nos desprazamentos  dos nosos fillos-as tanto como peóns, ciclistas ou pasaxeiros. 

Van nun ficheiro adxunto(pdf).

Agardamos que vos sexan moi útiles e aproveitamos para desexarvos unhas felices festas e un próspero ano 2013.

 

POLO NADAL TAMPOUCO DESCUIDES A SEGURIDADE VIAL.

APRENDO PEDALEANDO: VISITA A PROTECCIÓN CIVIL EN NARÓN.

Os alumnos-as de 4º curso fixeron o martes, 4 de decembro unha visita ás instalacións de Protección civil de Narón. Foron acompañados polo equipo de educación viaria do concello e polos profesores-as e algúns pais.

Saíron do colexio ás 10 da mañá e despois de percorrer en bicicleta o camiño ata a base de protección civil, chegaron ao polígono do río do Pozo. Alí tomaron o almorzo, e fixeron a visita ás instalacións guiados polo persoal do centro. Recibiron explicacións das medidas de emerxencia máis básicas, como porse en contacto con eles cando xurde unha emerxencia e por último, manexaron as mangas de auga para sofocar incendios.

Aprenderon e pasáronno moi ben nesta clase práctica sobre os servicios que nos presta o concello nas emerxencias.

Podemos ver as imaxes dos ciclistas en acción na Galería da páxina web.

APRENDO PEDALEANDO: VISITA A PROTECCIÓN CIVIL EN NARÓN.

APRENDO PEDALEANDO: VISITA AO MUSEO NAVAL

O xoves 8 de novembro, os-as alumnos-as de 6º fixeron unha visita en bicicleta ata o Museo naval de Ferrol. Foron acompañados polos monitores de Educación Viaria do concello de Narón, os seus profesores-as e algúns pais.

Saíron do colexio ás 10 horas e, despois de percorrer o camiño ata o Museo naval, tomaron o seu almorzo para máis tarde visita-las diferentes salas do museo. 

Por último, regresaron todos-as en bicicleta ao colexio onde chegaron despois das 13 horas algo cansos, pero moi contentos como podedes ver nas imaxes da Galería de esta mesma web.

CALENDARIO ED. VIARIA 1º TRIMESTRE.

Xa temos o calendario de actividades para o primeiro trimestre do curso que vimos de comezar.

Como sempre, tedes que ir preparando a bicicleta e mailo casco para acompañarnos nestas visitas do programa "APRENDO PEDALEANDO" que nos prepara o equipo de Educación Viaria do Concello de Narón.

Esperamos que sexan do voso agrado e que aproveitedes estas visitas para coñecer mellor o noso entorno.

CALENDARIO ED.VIARIA Curso 2012-13

 

 

1º TRIMESTRE

 

Día

Mes

Actividade

Cursos

Luns,15

Outubro

Volta á ría

5º A e B

Xoves, 8

Novembro

Museo Naval

6º A e B

Martes,4

Decembro

Protección Civil

4º A e B

Martes,18

¡atención!

APRAZADO

Decembro

Pazo da Cultura

3ºA,B e C

 

COA BICI AO COLE.

Coa volta ao colexio podedes animarvos a vir en bici. Para eso, temos unhas "rutas seguras" que o equipo de educación viaria trazou para vir ao cole e voltar á casa.

Se queredes utilizar estas rutas, podedes poñervos en contacto co axente da policía local que ven a este colexio, Pedro Caneiro, que vos explicará a hora e lugar de saída, itinerario,etc.

 

Así, sen esquecernos do casco obrigatorio, podedes vir ao cole en bici acompañados cos vosos amigos-as ou veciños-as formando un grupo de ciclistas.

 

COA BICI AO COLE.
Distribuir contido