DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 O martes 30 de xaneiro celebramos na Solaina o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. O alumnado de 6º realizou no pavillón unha coreografía da canción de El Langui, Se buscan valientes, mentres o resto cantou acompañándoos. Durante toda a semana fixéronse plantillas coas mans dos nenos de 3º e 5º, participantes do programa TEI, para colocalas sobre a árbore feita ao efecto na entrada ao colexio. O alumnado de 1º, 2º e 4º deseñou margaritas, nas que os pétalos eran as siluetas das súas mans. O alumnado de Infantil cortou flores e escribiu palabras para logo colocalo todo nuns maceteiros. Igualmente todo o alumnado recortou a súa foto e encheu as letras dun mural co título da canción de El Langui. 

Finalmente, o alumnado de 3º e 5º inaugurou oficialmente dous bancos da amizade, dos tres previstos. A función principal do bancos vai ser convertirse no espazo de reunión no patio para resolver os conflitos que vaian xurdindo entre iguais. 

Se queres ver as fotos da celebración pincha aquí.

Se queres ver a actuación de 6º pincha aquí.