Canción para a Paz

 

 Letra

Os tímpanos estoupan

pola gorxa crebada,

ledicia que virá.

Rebenta un alarido

polo monte e o río

camiño cara a Paz.

Toda miña alegría

levanto neste día

meu canto pola Paz.

A Paz en todo o mundo

como un suco profundo

onde floreza o pan.

Os fabricantes das querelas ¡que se marchen!

Endexamais han de volver, endexamais.

Os campesiños, mariñeiros e estudiantes

daranse as mans para loitar pola paz.

Miles de nenos coas campás da esperanza

traen o berro desta nai universal.

HAI QUE LOITAR! HAI QUE LOITAR! HAI QUE LOITAR! HAI QUE LOITAR!

PARA QUE A GUERRA XA NON VOLVA ENDEXAMAIS.(BIS)

 

...e o mural coas nosas pegadas visto polos nenos.