Entroido 2017

Pincha no enlace para ver as fotos do desfile.

O 24 de febreiro, venres, celebramos o Entroido no cole da Solaina. Coma outros anos, realizamos un pasacalles polo barrio da Solaina. A saída será as 10:00 horas. O percorrido será o que aparece no plano. Pregamos as familias que non se metan no medio do desfile para procurar que non se retrase.

 

 CANTIGA DO ENTROIDO

 Se queres escoitar a cantiga preme no título.

Piripipí

Piripipi, Piripipi.      

O Antroido xa chegou,           bis

o Antroido xa está aquí

 

Aí veñen eses indios,

seguidos polos exipcios.

Os hippies con tantas cores,

os hippies con tantas cores

reparten bicos e flores.


Piripipi, Piripipi.      

O Antroido xa chegou,           bis

o Antroido xa está aquí

 

Chegamos os da prehistoria,

avanzamos ata Roma.

Cabaleiros e castelos,

cabaleiros e castelos.

Atopamos o medievo.


Piripipi, Piripipi.      

O Antroido xa chegou,           bis

o Antroido xa está aquí

 

Navegando os viquingos

chegaron ata a Solaina.

Os incas os esperaban,

os incas os esperaban

pra comer a laconada


Piripipi, Piripipi.      

O Antroido xa chegou,           bis

 o Antroido xa está aquí