Normalización lingüística, Concurso de contos de medo, Xogos Populares, Normalización de convivencia, Actividades extraescolares, O Entroido, Día da Paz, Enlaces
Menores e pantallas. Principais riscos e orientacións para as familias
O Concello de Narón está a levar a cabo este curso 2023/2024 un proxecto co obxectivo principal de dotar a poboación de menores do Concello e as súas familias das ferramentas necesarias para evitar condutas adictivas relacionadas co uso das novas tecnoloxías.
Conscientes da importancia do papel das familias no proceso de educación e maduración dos seus fillos e fillas, convócase a todas as familias dos menores escolarizados neste Concello a sesión “Menores e pantallas. Principais riscos e orientacións para as familias“.
Esta iniciativa pretende ser un espazo de reflexión e orientación sobre o uso problemático da tecnoloxía.
Co obxectivo de poder facilitar a asistencia das familias, ofértase un servizo de conciliación durante a sesión que deberá solicitarse no teléfono 613196841 ou 639099457.
- MENORES E PANTALLAS. PRINCIPAIS RISCOS E ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS
MARTES 9 DE ABRIL – 17:00 horas
LUGAR: Salón de actos do CEIP A Gandara
Persoas destinatarias: Familias con alumnado nos centros de ensino de Narón.
Para realizar a inscrición a esta sesión, podes facelo no seguinte enlace: https://forms.office.com/e/JdhPAvJEAH
Día mundial da concienciación sobre o autismo_2024
O martes 2 de abril de 2024 celebramos o Día mundial da concienciación sobre o autismo traballándoo na aula e decorando as xanelas con globos azuis.
Entroido 2024
Na semana do 5 ao 9 de febreiro festexamos o Entroido no CEIP A Solaina, neste ano relacionao coas artes.
Como vén sendo habitual, seguimos os mandatos do Meco:
Os mandatos NON SON ACUMULATIVOS.
O venres faremos o desfile de disfraces cun pasarrúas.
Saímos ás 10:00, se as condicións meteorolóxicas son favorables, seguindo o seguinte percorrido:
SUSPENDIDO POLAS PREVISIÓNS METEOROLÓXICAS!
CANTAREMOS A CANCIÓN PREVISTA NA PISTA DE GRAVILLA ÁS 10:00.
AS FAMILIAS QUE O DESEXEN PODEN ASISTIR DESDE FÓRA DO RECINTO.
20 de novembro_Día Universal dos Dereitos da Infancia_2023
Hoxe celebramos o Día Universal dos Dereitos da Infancia no noso cole.
Día de Rosalía 2023
O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro gravando un vídeo xunto ao mural da escritora. O alumnado de cada aula recitou un fragmento do poema Has de cantar. Este é o resultado.
DÍA DA PAZ 2023
O día 30 de xaneiro celebramos o Día Internacional da Non Violencia e da Paz. Este ano 2023 dedicámolo a coñecer a Malala Yousafzai, premio Nobel da Paz e activista a favor do dereito á educación das nenas pakistanís. Deixámosvos aquí o vídeo cun achegamento ao traballo que se fixo no cole tanto nas últimas semanas como no día da celebración.