Equipo de Normalización e Dinamización lingüística

Xa está publicada a nosa revista Breogán 2017!!

Como un ano máis, a revista Breogán recopila experiencias, traballos, saídas e demáis cousas súper interesantes que sucederon ao longo de este curso!

 

Podedes descargar a revista aquí.

Feitizos de Samaín

Hoxe estamos de celebración, os de aquí o chamamos Samaín mentres que outros prefiren Halloween. Tanto ten un nome ca outro, o día chegou e os nosos estudantes estaban máis terroríficos ca nunca. Velaiquí algúns exemplos. 



Pola contra, a creatividade tamén estivo presente nas nosas aulas, onde se crearon feitizos e pócimas para levar a cabo neste día tan tétrico. Non sabemos se os feitizos funcionan ou non, pero ben é certo que a orixinalidade foi moi importante. 



Por último, non podían faltar os porta castañas que elaboraron os nosos estudantes, cada cal máis feiticeiro.

 

Bo traballo a todos!

Conxuros e pócimas

E polo Samaín, pócimas mil!

 

Así de feiticeiros voltaronse os nosos estudantes, que ademáis de vir vestidos con roupas terroríficas, traballaron moi duro para elabora pócimas máxicas. Ainda que non sabemos se son saborosas, o certo é que o inxenio estivo presente en cada unha de elas. Velaiqui un exemplo das moitas pócimas feitas que se poden ver por toda a escola. 

 

  

A creatividade tamén tivo a súa presencia coa elaboración dos porta castañas. 

 

RECREACIÓNS DAS OBRAS DE ABI CASTILLO

Este ano, como xa sabedes, traballamos a ilustradora viguesa Abi Castillo. Queremos mostrarvos todos os nosos traballos. Somos uns artistas!

Pinchade na foto de Abi para acceder a elas!

 

 

VISITA DA ILUSTRADORA ABI CASTILLO

O 22 de maio recibimos a visita da ilustradora viguesa Abi Castillo. Quedamos abraiados co seu traballo e con todo o cariño que nos mostrou. Percorreu os corredores do cole e quedou impresionada coas recreacións das súas obras feitas por todo o alumnado do centro.

Visitou catro aulas comezando por unha de 4 anos, seguiu cunha de 5º, continuando por unha de 2º e rematando cun 4º de Educación Primaria. No seu percorrido foise artellando un fermoso cadro. Ela foinos indicando e explicando como o tiñamos que ir elaborando. O resultado final foi espectacular, un fermoso lienzo que quedará sempre nas nosas memorias e nos nosos corazóns.


Agradecemos enormemente a súa presenza no cole, foi unha mañá diferente. Clicade no cadro para ver como foi todo!!

 

VI CERTAME DE RELATO CURTO

Os alumnos e alumnas do CEIP Balaídos participaron no VI Certame de Relato curto.

Para deleitarvos cos seus traballos só tendes que pinchar na seguinte imaxe.

 

 

 

Formas de goberno ao longo da historia española

 

Para ir rematando o curso de forma máis divertida e gratificante o alumnado de sexto, realizou unha tarefa para coñecer feitos dos séculos XIX e XX. 

Este é o resultado das súas pescudas sobre as distintas formas de goberno na España dalqueles tempos.

A MONARQUÍA PARLAMENTARIA from Ceip Balaídos on Vimeo.

A CONSTITUCIÓN 1812 from Ceip Balaídos on Vimeo.

A MONARQUÍA ABSOLUTA from Ceip Balaídos on Vimeo.

A DITADURA from Ceip Balaídos on Vimeo.

ADÍASE A QUEDADA LITERARIA DE CASTRELOS

Como xa informamos nunha circular, a Quedada Literaria prevista para mañá en Castrelos e na que íamos participar 6ºINF, 1º, 3º e 4º PRI con outros coles de Vigo para celebrar o Día das Letras Galegas e animar á lectura, adíase polas malas previsións meteorolóxicas. Se o tempo o permite farémola o MARTES 23, servindo a mesma autorización asinada que xa entregáchedes aos titores/as.

Sentimos as molestias causadas e agradecemos a vosa comprensión.

 

 

 

 

ADÍASE A QUEDADA LITERARIA

Tal e como informamos hoxe nunha circular, a Quedada Literaria prevista para mañá en Castrelos, na que íamos xuntarnos con outros coles de Vigo para celebrar o Día das Letras Galegas e animar á lectura, queda adiada polas malas previsións meteorolóxicas. Se o tempo o permite farémola o MARTES 23.


Sentimos as molestioas causadas e agradecemos a vosa comprensión.


 


 


 

8 de marzo, día da muller

Para celebrar o día da muller, nenas e nenos de sexto realizaron tarefas, nas que visualizaron á muller na historia.

Distribuir contido

Back to top