Skip to Content

Belesar, camiños da memoria

 A historia comeza nunha pescadería

Calquera momento é bo para escoitar unha boa historia e sempre é de agradecer situarse no lugar axeitado para poder desfrutala. En ocasións esas historias piden a gritos ser compartidas e nesa nos atopamos no noso colexio.

O primeiro paso foi debatir e decidir a rasgos moi xerais a temática do Proxecto Documental Integrado que pretendiamos desenvolver. Acordado no claustro presentámolo ao Consello Escolar cun calendario fixado. A partir de aí, terán que ser os nenos e nenas os encargados de continualo.

A sociedade actual, entendida como sociedade global e postmoderna, resulta á súa vez fragmentada no seu ámbito máis local.

A este feito desgarrador contribúen moitos elementos. Entre eles a crise no tratamento de contidos humanísticos como a filosofía ou a literatura e á súa vez un auxe de contidos específicos e tecnicistas, que pola súa característica obsolescente (caduca) impiden o desenvolvemento de vínculos xeracionais locais onde os máis maiores poidan transmitir as súas propias experiencias ás xeracións máis novas.

O feito de que estes vínculos interxeracionais se atopen en especial crise dificulta o desenvolvemento dun sentimento de comunidade forte e resistente, preparado para facer fronte a discursos externos de moi diverso tipo que son perxudiciais para a construción da sociedade local: o pacifismo, a tolerancia ou a participación democrática social son valores que están sendo atacados e non se están a atopar unha resistencia suficientemente forte.

Con este proxecto documental integrado pretendemos investigar para actuar no entorno social máis local do propio centro. Transformando a información recollida en coñecemento a través da súa organización e difusión.

 



page | by Dr. Radut