Skip to Content

Curso 2011 - 2012

Lim " Descubrimo el arte"

Con motivo del proyecto del Arte que este año hemos realizado en Ed Infantil hemos elaborado unas actividades interactivas para que los peques se diviertan y aprendan nuevas cosas.

Premios Valentín Paz Andrade

Os alumnos e alumnas de Belesar estiveron unha semana resolvendo diversas preguntas sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2012. Preguntaron sobre a súa vida, obra e indigaron sobre o escritor que defendeu o noso idioma. Agasallamos aos participantes polo traballo ben feito!! Noraboa!!


2º dia na Montaña

Despois dunha noite de friiiiioooo, chegou a maña soledada. Dividímonos en grupos e fixemos escalada e Karts. Despois de comer xogamos a xogos populares e orientación ata a hora da piscina. Xuntámonos con coles de outras localidades para facer unha velada nocturna con personaxes que aparecían polo bosque ata rematar cunha maravillosa marcha nocturna na que puidemos escoitar ouvear aos lobos destas terras!!!

Diario de Manzaneda

Chegamos a Manzaneda despois de tanto tempo esperando este final de curso, este final de etapa. Notamos o  frío da montaña, pero ainda así ao chegar sumerxíronse na piscina climatizada. Despois da cea tivemos unha velada no que por grupos fixeron disintos xogos. Intentaremos descansar  que mañá é un día moi longo!!!

UN OBRADOIRO SOBRE BAIONA

OS MONITORES DOS OBRADOIROS DO CONCELLO VIÑERON A FALARNOS DE BAIONA DA SÚA HISTORIA E DOS SEUS MONUMENTOS.

ALMORZO SAUDABLE








Click to play this Smilebox slideshow
 

O venres, 4 de novembro, tódolos nenos de 2º Ciclo de Primaria almorzaron xuntos no comedor. Cada un trouxo algo da súa casa para compartir e todos xuntos pasámolo ben a aprendimos como debe ser un almorzo saudable. Dende aquí, o noso agradecemento a tódolos pais e nais que colaboraron para que esta actividade fose posible.

BAILANDO CON PANTASMAS

HAI XENTES QUE VEN ÁS PANTASMAS MESMO BAILANDO . QUE DICIR DOS ZOMBIS!


PROXIMAMENTE NAS VOSAS PANTALLAS...

SAMAÍN 2011

DEBUXAMOS E CONTAMOS FEITOS ARREPIANTES...Sorprendido

Aula de 3 anos

 

Este ano os alumn@s de 3 anos estarán inmerxos nun proxecto de ciclo centrado no Arte e o seu artista será Joan Miró. Clicade no título e descubriredes unha gran aventura.

 

Aula de 4 anos

Este ano os alumn@s de 4 anos estarán inmerxos nun proxecto de ciclo centrado no Arte e o seu artista será Van Gogh. Clicade no título e descubriredes unha gran aventura.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut