Skip to Content

Festipaz

Onte celebramos no cole a I edición do Festipaz. Participaron os distintos cursos de Primaria e houbo unha mistura de paz, talento e diversión.

Compartimos o vídeo para que o gocedes tanto coma nós! Esperamos que vos guste!

O reto do equilibrio!

Aquí está o vídeo dos vosos equilibrios con papel hixiénico. Canta creatividade e canta paixón lle puxestes! Ben feito!

#Sairemostodosxuntos #Belesarenforma


 

O noso corazón: ese gran descoñecido

Este luns, Diego Fernández, o pai de Tomás, que é un excelente cardiólogo, veu a ensinarnos unha morea de cousas sobre o corazón e o aparello circulatorio. Arterias, aurículas, capilares, válvulas semilunares...canto nos queda por saber do noso querido corpo!

Moitas grazas Diego por vir, por ensinarnos dunha forma tan entretida e por todas as cousas chulas que nos mostraches!

  

  

Distribuir contenido


by Dr. Radut