Skip to Content

Localización

Contacto

Onde estamos

 


Dende esta situación privilexiada, o CEIP PLURILINGÜE DE BELESAR, proxéctase cara o futuro cunha clara orientación humanizadora, tolerante, participativa e moderna.

O centro educativo convírtese nunha fonte de recursos e eixo dinamizador de dito proceso, así como o lugar físico do encontro de toda a súa comunidade educativa.


Unha comunidade que concibe a educación como unha sucesión de transformacións culturais, tecnolóxicas e sociais ás que os nosos alumnos do S.XXI deben dar respostas adaptativas e de calidade.


Calidade, para a que o CEIP PLURILINGÜE DE BELESAR adopta un modelo educativo que aporta ó seu alumnado unha formación en valores e adquisición de coñecementos , nos que pais e mestres compartimos a experiencia.

Os avances tecnolóxicos e científicos demandan a adquisición de habilidades nas novas tecnoloxías dende a máis temperá idade, así como unha competencia funcional nas linguas estranxeiras.

Impregna este desexo unha concepción filosófica no noso modelo educativo de construcción dun espacio onde o alumno poida medrar construindo unha aprendizaxe significativa que garante a asimilación o máis real posible das experiencias e coñecementos motivadores e enriquecedores.

Distribuir contenido


by Dr. Radut