Skip to Content

Festipaz

Onte celebramos no cole a I edición do Festipaz. Participaron os distintos cursos de Primaria e houbo unha mistura de paz, talento e diversión.

Compartimos o vídeo para que o gocedes tanto coma nós! Esperamos que vos guste!

Declamación de poemas das aulas de 3º e 5º de Primaria

Bo día familias,

o alumnado de 3º e 5º de Primaria levan traballando un tempo a poesía galega, centrándose na súa declamación (ton de voz, entoación, sentimentos, xestos...). Hoxe compartimos con vós o enlace das dúas listas de reproducción onde podedes atopar os vídeos e gozar deles,

un saúdo!

 

3º de primaria

5º de primaria

O reto do equilibrio!

Aquí está o vídeo dos vosos equilibrios con papel hixiénico. Canta creatividade e canta paixón lle puxestes! Ben feito!

#Sairemostodosxuntos #Belesarenforma


 

Ecoagricultores!

As nenas e nenos de quinto de Belesar aproveitamos o precioso sol de inverno de onte para saír a plantar. Reutilizamos garrafas de plástico como macetas e

plantamos amorodos, leitugas e patacas. Que medren rápido, que hai fame!

A ver se coa chegada da primavera chegan novas sorpresas ó noso pequeno horto!

Alice´s Adventures

Saída ó teatro para ver a obra Alice´s Adventures (en lingua inglesa) e posterior visita á exposición " A vivir que son 100 anos". 29 de xaneiro de 2020.

Que ben o pasamos!

"Máscaras" e "Vixiados" triunfan no Concurso de Poesía Visual de Baiona

O bo facer dos alumnos de quinto e sexto tivo un merecido premio no Concurso Interescolar de Poesía Visual de Baiona. O poema "Máscaras", da clase de quinto de primaria, resultou gañador do concurso;  mentres que o poema "Vixiados", da clase de sexto, acadou unha meritoria mención de honra.

Onte, David Fernández, poeta visual e impulsor do concurso, e Óscar Carreño, Concelleiro de Educación, visitaron Belesar para facer entrega dos premios e felicitar ós rapaces e rapazas polo seu esforzo e implicación no proxecto.

En Belesar temos uns auténticos poetas visuais e ben orgullosos que estamos deles! Sorriso

O noso corazón: ese gran descoñecido

Este luns, Diego Fernández, o pai de Tomás, que é un excelente cardiólogo, veu a ensinarnos unha morea de cousas sobre o corazón e o aparello circulatorio. Arterias, aurículas, capilares, válvulas semilunares...canto nos queda por saber do noso querido corpo!

Moitas grazas Diego por vir, por ensinarnos dunha forma tan entretida e por todas as cousas chulas que nos mostraches!

  

  

Distribuir contenido


by Dr. Radut