Skip to Content

Blog da Biblioteca do CEIP de Belesar

Ex-alumnos do colexio de Belesar conversan na radio co seu Mestre Manolo Rodríguez.

Convocado para realizar unha entrevista no marco do proxecto "Belesar, Camiños da Memoria" que este ano ten a súa continuidade con "Belesar, camiñando pola prehistoria", o Mestre non agardaba que no medio da sesión de gravación apareceran as nais destes alumnos que, á súa vez, eran os seus ex-alumnos. Dúas xeracións en conversa informal cargada de emoción, amor e agradecemento.

Manolo Rodríguez foi mestre en Belesar durante trinta anos ata a súa xubilación hai oito anos. A día de hoxe continúa en contacto estreito con centro e vai xerando "escola" alí por onde vai.

O centro convida a todos os membros da comunidade educativa a acercarse a Radio Belesar, a radio da escola, para conversar co seu alumnado e axudar a recuperar e manter a memoria lo lugar.

A entrevista pode escoitarse en Ivoox ou verse na na nosa canle de Youtube.

Segundo obradoiro "Camiñando pola Prehistoria"

Xa podedes ver os vídeos do segundo obradoiro da Prehistoria onde levamos a cabo unha morea de actividades onde nenas, nenos e maiores aprendemos moitísimas cousas!

Dilemas morais co alumnado de 5º de Primaria

O alumnado de 5º de Primaria debaten guiados polo mestre Manuel sobre diferentes dilemas morais. 

Tamén puideron dar a súa opinión o alumnado de 3º de primaria que asistía como público.

Magazine 02 Belesar

Concurso adiviña a música

por Sara, Lara e Sabela de 2º

Nesta fase final temos a Carmen de 4 anos, Enma de 5 anos, Manuela, Saúl e Uxía de 1º e Virginia de 2º. ¿Quen gañará?

Nesta 7ª ronda contamos con Alma, Jorge, Enma e Ander de Infantil 5 anos e Diego e Alma de 2º de Primaria.

Nesta 6ª ronda contamos con Uxía, Kiara, Kevin e Virgínia 2º de primaria.

Nesta 5ª ronda contamos con Saúl e Daniel de 1º Primaria e Lúa e María de 2º de primaria.

Nesta 3ª ronda contamos con Telmo, Alba, Carmen e Leire de 3-4 anos de Ed. Infantil

Nesta 2ª ronda contamos con Izan, Manuela e Violeta de 1º de Primaria

Nesta 1ª ronda contamos con Xoel, Vera, Naira e Uxía.

Belesar Camiños da Memoria: Entrevista a Margarita Acevedo Misa, avoa de Lucía.

Laura e Lucía entrevistan a Margarita, partícipe da demanda veciñal que fixo realidade o cole de Belesar.

Entrevista a Moncho, o avó de Alba, sobre as abellas (Infantil 3-4 anos)

Os nenos e nenas de Infantil 3-4 anos entrevista a Moncho na súa faceta de apicultor. A entrevista enmárcase no Proxecto As Abellas que están a desenvolver dentro da aula.

Magazine 01 Belesar

Noticias dende Belesar

polo alumnado de 3º de Primaria

Reportaxe informativo

por Mara e Rodri

Entrevista a Moncho, avó de Alba

(Infantil 3 e 4 anos)

Sección musical

por Noa e Uxía de 6º

Concurso de Trivial

por Mencía e Kalani

FINAL 

RONDAS

 

 

 

Programa piloto do Magazine de Belesar a cargo do equipo docente

No CEIP Plurilíngüe de Belesar estamos a implementar a radio como ferramenta educativa para favorecer os procesos comunicativos. Neste marco, realizamos esta proba piloto nunha xornada de formación.

Xa temos a primeira entrega. Gracias Angélica, Lola e Encira!

O alumnado de 6º de Primaria gozou do regalo destas tres primeiras protagonistas.

E recorda! Buscamos historias! 

 

Valmiñortv (11/12/2022): O colexio de Belesar na recuperación do vínculo xeracional

Hoxe era o xornal ValmiñorTV o que nos deu difusión para a busca de historias sucedidas en Belesar!

a



by Dr. Radut