Skip to Content

Ex-alumnos do colexio de Belesar conversan na radio co seu Mestre Manolo Rodríguez.

Convocado para realizar unha entrevista no marco do proxecto "Belesar, Camiños da Memoria" que este ano ten a súa continuidade con "Belesar, camiñando pola prehistoria", o Mestre non agardaba que no medio da sesión de gravación apareceran as nais destes alumnos que, á súa vez, eran os seus ex-alumnos. Dúas xeracións en conversa informal cargada de emoción, amor e agradecemento.

Manolo Rodríguez foi mestre en Belesar durante trinta anos ata a súa xubilación hai oito anos. A día de hoxe continúa en contacto estreito con centro e vai xerando "escola" alí por onde vai.

O centro convida a todos os membros da comunidade educativa a acercarse a Radio Belesar, a radio da escola, para conversar co seu alumnado e axudar a recuperar e manter a memoria lo lugar.

A entrevista pode escoitarse en Ivoox ou verse na na nosa canle de Youtube.



page | by Dr. Radut