Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO

                 

                  ADMISIÓN DE ALUMNADO 2021/2022

 

 Solicitude de  praza

      Do 1 - 22 de marzo

ANEXO II e fotocopia do Libro de Familia. ED550B. Dispoñible na web da Xunta Admisión de Alumnado

  Listaxes   provisionais

         24 de abril

PUBLICACIÓN: No taboleiro situado no interior do centro.

  Listaxes definitivas

   14 de maio    (expostas ata comenzo do curso seguinte)

PUBLICACIÓN: No taboleiro situado no interior do centro. 

Formalización matrícula

    20 – 30 de xuño

 

DÍA DA PAZ

Con motivo do día da paz, o Equipo de Convivencia organizou unha actividade adicada a todas as persoas que estiveron e están en primeira liña loitando contra esta pandemia. Esperamos que vos guste.

AS ORDES DO MECO

Bases para o préstamo de equipos informáticos. Concello Pereiro de Aguiar.

Dende o Concello do Pereiro de Aguiar enviaron as bases da regulación do préstamo temporal de equipos informáticos portátiles destinados a rapaces e rapazas que non dispoñan de ningún recurso electrónico, e que sexan imprescindibles para as clases on-line no caso de confinamento. 

Para ver a información das bases e os anexos debedes premer nas imaxes.

              BASES                                                                  ANEXOS        
                       

Nadal

Boas Festas a todos!

Datos situación tecnolóxica das familias

Samaín no Bencho

Este Samaín non foi posible facer a exposición tradicional de cabazas,  pero no BENCHO non deixamos que ningún virus nos quite as ganas de celebrar. Dende aquí, queremos agradecer a todas as familias o esforzo que fixeron por participar nesta actividade e axudarnos a seguir conservando a ilusión e a máxia das nosas tradicións. Grazas e ánimo!!! 

 

Samaín

O Samaín xa case está aquí!. Como todos os anos convidámosvos a participar nesta festa coa elaboración das terroríficas cabazas que tanto gustan. Este ano non se poden traer físicamente ao centro pero sí que vos pedimos que enviedes unha foto da cabaza para facer unha montaxe e colgala na páxina web do cole. 

O correo electrónico ao que tedes que mandar a foto é o seguinte:  actividades@ceipbenchoshey.com
Recordade mandar a foto co nome do alumno/a e o curso no "asunto" da mensaxe. Tedes ata o 26 de outubro para envialas.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut