Skip to Content

Menú xuño

 Xa está dispoñible o menú do mes de xuño. Preme na imaxe para velo.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022.

 

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

Algúns alumnnos do noso cole participaron no "Concurso de Marcapáxinas" que convoca o Concello do Pereiro de Aguiar a través da área de Cultura, para celebrar  o Día do Libro.

E estamos de noraboa!! Dous dos nosos alumnos: Pablo de 4º de E.I. e Desiré de 6º de E.P.  foron os gañadores. 

Dende aquí as nosas felicitacións e grazas a todos por participar. 

                  

Un agasallo no día do libro

Neste pequeno vídeo poderedes ver a cara de ledicia dos/as nenos/as do Bencho cando hoxe pola mañá recibiron esta gran sorpresa.

Moitas grazas á nosa ANPA.

Digicraft

O noso centro foi seleccionado para participar no programa “Digicraft en tu cole” da Consellería de Educación en colaboración coa Fundación Vodafone.

O obxectivo deste programa é formar ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria en competencias dixitais.

Digicraft parte dunha metodoloxía fundamentada na aprendizaxe colaborativa e busca a participación activa do alumnado a través do xogo e a experimentación, nun contexto que estimula a súa curiosidade, creatividade e desenvolvemento emocional positivo.

A través duns kits de traballo o alumnado realizará unha serie de actividades que van aumentando gradualmente en nivel de dificultade. As actividades combinan o mundo dixital e a tecnoloxía co xogo, o aprender facendo e o desenvolvemento de habilidades motoras.

O programa ten unha duración de dous cursos académicos e será levado a cabo polas mestras Nancy Fernández e Isabel Blanco.

Para máis información pódese consultar a páxina da convocatoria premendo aquí.

Eduardo Díaz Fidalgo

Estimados membros da comunidade educativa: En cuarto estamos traballando sobre un escritor fantástico, veciño noso, de Santa Marta. Coa axuda da familia, á que estamos moi agradecidos, queremos que todos o coñezades e desfrutedes dos seus marabillosos libros. Con este enlace podedes ver moita información que vos vai ser moi interesante. Xa veredes! 

 

 

BIBLIOBENCHO NAS REDES SOCIAIS

Bo día,

Agora nas RRSS  podes seguir as novidades e as aventuras que ocorren en Bibliobencho.

Toma nota: 

@BiblioBencho Pereiro

@bibliobencho

@bibliobencho

 

Xa sabes... dálle like , corazón ou tweet.

Anímate e séguenos.

 

 

 

 

DIA DA MULLER-8M

Con motivo do 8 M dende o equipo de convivencia organizouse unha actividade dirixida ao alumnado de 5º e 6º de primaria.

VACANTES 2021/2022

 

                VACANTES CURSO 2021/2022
   CURSO    VACANTES
    4º E.I    50
    5º E.I    22
    6º E.I    21
    1º E.P    7
    2º E.P    23
    3º E.P    0
    4º E.P    25
    5º E.P    13
    6º E.P    21

ENTROIDO 2020-21

O Entroido xa chegou! E dende o Equipo de Actividades Extraescolares organizouse a celebración desta festividade para todo o centro.

A continuación tedes unha pequena mostra de como o vivimos entre todos. Espero que vos guste!   

Distribuir contido


by Dr. Radut