Skip to Content

"Pupas, sustos e outros desgustos".

O día 6 de Abril os/as alumnos/as de terceiro e cuarto de primaria participaron nun taller de primeiros auxilios organizado pola Cruz Vermella. Entre outras cousas, aprenderon a curar feridas, queimaduras e incluso practicaron unha reanimación cardiopulmunar a un dos  seus bonecos preferidos.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Pupas, sustos e outros desgustos

Menú abril

Día internacional da muller.

Dende o Equipo de Convivencia organizouse unha actividade para celebrar " O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER ". Baixo o lema : EU QUERO SER COMA.... os/as nenos/as tiñan que buscar información sobre mulleres importantes ao longo da historia e elexir con cal se identificaban e o motivo. Moitos deles elexiron a súa mamá, avoa e tía......eles si que saben.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Día internacional da muller

ENTROIDO NO BENCHO

Álbum: Curso 2021-2022 -> Entroido

Máscaras de entroido

A semana pasada os/as nenos/as de terceiro  fixeron un taller de elaboración de máscaras de entroido.  Si queredes ver o bonitas que lle quedaron ide premendo nas imaxes.

NORABOA RAPACES!!!!

Álbum: Curso 2021-2022 -> Máscaras. Terceiro de primaria.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2022/2023

A solicitude pódese facer de forma telemática ou de forma presencial recollendo o impreso no centro.

As listas de admitidos e excluídos so se poderán expor no interior do edificio escolar por protección de datos.

DOCUMENTOS SOLICITUDE:

Solicitude segundo o modelo ED550B - ANEXO II

 

Vacantes orientativas para o curso 2022/2023

 

 

Menú do mes de marzo.

MAQUETA DUNHA CIDADE

Os/as nenos e nenas de segundo  de primaria estiveron facendo unha maqueta dunha cidade. Ide premendo nas imaxes para poder ver todas as construccións. Quedoulles moi bonita!!!

Álbum: Curso 2021-2022 -> SEGUNDO DE PRIMARIA. MAQUETA.

MENÚ FEBREIRO

Distribuir contido


by Dr. Radut