Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO 2023

Con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, cada 2 de abril miles de edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo ilumínanse de azul como mostra de apoio e solidariedade coas persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias. Este ano ese día non era lectivo e no Bencho o celebramos o venres 14 de abril.

O símbolo do infinito de cores está moi vinculado coa propia descrición do termo autismo. O autismo non é lineal, senón que é un espectro, unha condición diversa.

Aínda que as persoas autistas comparten o mesmo diagnóstico, cada unha delas é diferente ás demais e ten as súas propias capacidades, necesidades e intereses. Por eso, precisa duns apoios individualizados e especializados que se axusten a cada etapa do seu ciclo vital para promover a súa participación social en igualdade de condicións. 

Ollade o traballo da rapazada na celebración do día internacional do espectro autista.

 

Álbum: CURSO 2022-2023 -> DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO

MENÚ ABRIL

Semana Springweek

 

 O noso centro foi seleccionado para participar na semana de inmersión lingüística (Springweek) que será levada a cabo nos Peares durante o mes de xuño.

Podedes consultar a información no seguinte enlace : Springweek.

A páxina web do centro é a seguinte: https://centropeares.es/springweek/.

8 MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

BO día.

Este mércores conmemoramos o Día Internacional da Muller. A rapazada fixo uns debuxos e lemas en cartolinas que se expuseron no patio. Tamén escoitamos e cantamos a canción de Matriarca do grupo GUADI GALEGO.

Aquí vos deixamos unha escolma das imaxes do día.

Un saúdo

Álbum: CURSO 2022-2023 -> DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

ENTROIDO 2023

Bo día.

Deixamos un resumo fotográfico do que foi a festa do entroido: mandatos do meco, xogo das olas, desfile...

O vindeiro ano moito máis....

Unha aperta.

Álbum: CURSO 2022-2023 -> ENTROIDO 2023

MENÚ MARZO

"O FELO DE MACEDA"

 

 O noso amigo Mateo de 6ºB creou un fermoso poema sobre o "Felo de Maceda".

Noraboa Mateo!!!!!!!!

Pincha na foto da nosa Toupiña para escoitala

SORTEO DE ENTROIDO

Bo día,

Mañá , durante o desfile de Entroido, vaise sortear unha cesta con produtos para facer un supercocido.

Ollade...

Moita sorte!!!

ORDES DO MECO

Bo día familias,

Comeza o ENTROIDO !!!!!  e para iniciar con forza as actividades deixamos aquí AS ORDES DO MECO e que ninguén se esqueza!!!!!

A disfrutar !!!!

 

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut