Skip to Content

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA 2023

MENÚ FEBREIRO

O 23 de febreiro é o DÍA DE ROSALÍA no cole ímolo celebrar degustando no comedor o CALDO DE GLORIA seguindo a receita que Rosalía describe no seu poema “MIÑA CASIÑA MEU LAR”  que acompañamos.

 

Leeremos poemas antes de xantar e desfrutaremos dese caldo entre todos e todas.

VISITA A MENDE

O martes 25 de xaneiro o alumnado de sexto de primaria fixo unha visita ao CPI de Mende. 

Álbum: CURSO 2022-2023 -> VISITA A MENDE

MENÚ XANEIRO

Nadal 2023

Aquí vos deixamos un resumo da festa de Nadal no Bencho. Esperamos que vos gustaran as actuacións, temos uns /unhas artistas na escola!!. Á volta de Nadal subiremos os vídeos .    FELICES FESTAS !!!!

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Nadal 2023

XOGADE : CAMPO A TRAVÉS

Bo día:

O venres 16 de decembro disputouse no Complexo Deportivo Monterrey a fase comarcal de campo a través. Dentro da Asociación Alta Limia do deporte escolar participaron os seguintes colexios: Ceip de Maceda, Ceip de Molgas, Ceip Xunqueira de Ambía, Colexio Miraflores, Ceip de Castro Caldelas, Ceip Ben-Cho-Shey e os institutos de Maceda e Allariz.

A actividade desenvolveuse con moita expectativa e cun ambente moi familiar. 

As categorías foron: benxamín , alevín , infantil e cadete feminino e masculino.

Algúns dos alumnos/as do noso colexio acadaron o podium e incluso gañaron a súa carreira e todos/as foron unhas e uns campións por rematar cadansúas carreiras con moito esforzo.

Un aplauso para todos e todas as participantes.

MENÚ DECEMBRO

25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

OBRADOIRO "CREANDO IGUALDADE"

Bo día, 

Durante o mes de outubro celebrouse , na sala multiusos do centro , o obradoiro Creando Igualdade . Dirixido ao alumnado de quinto e sexto de educación primaria. Esta actividade foi organizada por a ANPA do colexio e levada a cabo por a psicóloga Victoria Canosa.

Moitas grazas por celebrar actividades tan chulas.

Deixamos unha mostra do ben que o pasaron e do duro que traballaron!!!!

Saúdos!!!

 
 
 

 

SAMAÍN NO BENCHO 2022

Distribuir contido


by Dr. Radut