Skip to Content

SEMANA DE BALONMÁN

Bo día,

Durante a semana do 17 ao 21 de outubro tivemos a sorte de disfrutar das ensinanzas do deporte do balonmán cos monitores do clube Balonmán Minho. 

Brais, Michelle e Martín foron moi amables e moi pacientes con nós e o alumnado pasouno pipa.

Moitas gracias chicos e gracias tamén ao C.B. Minho.

Deixamos unhas imaxes da actividade.

Saúdos!

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2022

Digital Week

O noso alumnado de 6ºEP participa esta semana no Digital week, un programa de inmersión lingüística que lle permitirá mellorar as súas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa a través de actividades dixitais, físicas, de socialización e de coñecemento cultural. Disfrutade moito da experiencia rapaces/as!!!

   
   

MENÚ OUTUBRO

MENÚ SETEMBRO

IMPRESO AUTODECLARACIÓN COMEDOR

Está aberto o prazo para cubrir o impreso de autodeclaración  para a utilización do comedor escolar no curso 2022/23.

O impreso pode recollerse no centro ou descargarse dende AQUÍ.

Instruccións para o cálculo da renda AQUÍ. 

Na seguinte ligazón podedes acceder á aplicación da Xunta para facer os cálculos da autodeclaración.

https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

A data límite de entrega é ata o día 7 de Setembro.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/23

IMPORTANTE: NON MERCAR OS LIBROS DE TEXTO DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA ATA FALAR CO TITOR/A EN SETEMBRO. PARA VER OS LIBROS DE TEXTO PREMER NA IMAXE.

CASTRO DE SAN CIBRAO DE LAS

O alumnado de segundo de primaria visitou o Castro de San Cibrao de Las. Alí participaron nun taller de  arxila, visitaron o museo e explicáronlle a historia dos castros.

Álbum: Curso 2021-2022 -> CASTRO DE SAN CIBRAO DE LAS

IMOS DE EXCURSIÓN.

Despois de moito tempo xa tiñamos gañas de sair e disfrutar unha xornada fóra da escola. Foi un día especial, fomos a Montealegre e logo fixemos unha ruta pola cidade. Ao final da xornada collemos o tren turístico ata as termas de Outariz e dende alí regresamos á escola. PASÁMOLO XENIAL!!!!

Álbum: Curso 2021-2022 -> EXCURSIÓN 4º DE PRIMARIA.

BENCHO-RADIO ROCK!!!

HOXE ESTAMOS DE CONCERTOOOO!!!!

 

 

 

"DONDE ESTA LA REVOLUCION" /M-CLAN (PINCHA NA FOTO PARA ESCOITALA)

 

 

"ESPINAS" / LOS ZIGARROS (PINCHA NA FOTO PARA ESCOITALA)

BRAVO RAPACES!!!!!!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut