Skip to Content

UNHA VOLTA POLA CHAIRA

O día 31 de maio celebramos o día da convivencia escolar cos colexios de Luíntra ea Peroxa. Xuntámonos ás 11:00 da mañá para formar os grupos e tomar forzas con chocolate e bica. Sobre as 12:00 subimos á Chaira e logo rematamos a xornada cun picnic no patio do noso cole. Aquí vos deixamos un pequeno resumo do noso día.

Álbum: Curso 2018-2019 -> Unha volta pola Chaira

RADIO NA BIBLIO

O noso centro foi seleccionado  para seguir participando no proxecto piloto " Radio na biblio". Xa temos todo o equipamento preparado e os/as nenos e nenas do Bencho xa comezaron dende hai días esta nova andaina.

Álbum: Curso 2018-2019 -> Radio na escola

GALERÍA DE FOTOS

Na GALERÍA DE IMAXES podedes ver unha pequena selección de fotos sobre algunhas das actividades que se fixeron no centro como motivo das distintas conmemoracións que se celebran ao longo do curso. Tamén  podedes ver fotos das saídas e excursións que se realizaron.

XV XORNADAS DE NAIS E PAIS

Adxuntamos información para os/as que estedes interesados en asistir ás XV XORNADAS DE NAIS E PAIS

        

CHARLA FORMATIVA DO PLAN DIRECTOR PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA E SEGUIMENTO NOS CENTROS EDUCATIVOS.

Convídase a todas as familias do CEIP PLURILINGÚE BEN-CHO-SHEY a unha charla formativa  que sera impartida pola Garda Civil.

 

TEMA:  AS NOVAS TECNOLOXÍAS EO CIBERACOSO.

DATA: MARTES 28 DE MAIO 2019

HORA: 19:30

LUGAR: SALÓN DE ACTOS

TRAILER ANPA

O día 23 de Maio ás 15:00 da tarde , os/as nenos/as do  BEN-CHO-SHEY teñen unha sorpresa preparada pola ANPA do cole. Aquí vos deixamos o  trailer que fixeron anunciando a actividade.

ACROSPORT 2019

Este curso o alumnado de sexto foi o encargado de preparar o festival de acrosport. Mirade canto traballaron e qué ben o fixeron!!!! O vindeiro curso esperamos presentar o IV FESTIVAL DE ACROSPORT.

LEGO

Esta semana tivemos a sorte de ter a visita de Pablo González ( deseñador de modelos de LEGO na sede central da compañía, en Dinamarca). Pablo González traballa como deseñador de modelos de LEGO, creando escenarios, vehículos e personaxes do mundo real e imaxinario cos famosos bloques encaixables de coloríns. Explicounos un pouco a súa traxectoria laboral e levou a cabo un taller nas aulas de cuarto de primaria. Aquí vos deixamos un artigo sobre el.

Álbum: Curso 2018-2019 -> Lego

Bencho-cidade

Na aula de segundo de primaria  estivemos estudiando os tres tipos de localidade e as profesións. Coa axuda das familias, os/as nenos e nenas construíron diferentes maquetas con materiais de refugallo. Fixemos unha cidade enorme e decidimos chamarlle: BENCHO-CIDADE .

Álbum: Curso 2018-2019 -> BENCHOCIDADE

ENTROIDO 2019!!!

Aquí vos deixamos un pequeno resumo da festa do entroido que celebramos no cole.

Dende aquí, queremos agradecer a colaboración de todas as familias , tanto cos disfraces como na elaboración das máscaras do entroido. GRAZAS!!

                      

Álbum: Curso 2018-2019 -> Entroido
Distribuir contido


by Dr. Radut