Skip to Content

SAMAÍN NO BENCHO

Code Week (Semana Europea da Programación)

Co motivo da conmemoración da Semana Europea da Programación, a mestra de Robótica, nomeada Leader Teacher pola European Schoolnet , promoveu e organizou diversas actividades para incentivar o uso e aprendizaxe da robótica e a programación co profesorado e co alumnado.

En relación ao profesorado realizouse unha curta charla informativa na que se lle facilitaron recursos e posibilidades para traballar  con aplicacións en liña, apps para tablets, programas descargables e tamén actividades “desenchufadas”.

Co alumnado traballamos con ferramentas como Mblock, aplicacións en liña de Minecraft e Blockly games e o xogo de cartas de CodyRoby.

Enmarcada dentro desta actividade, o venres 19 de outubro tivemos a oportunidade de contar con Naír Carrera, unha pedagoga con sede en Bruselas, que traballa na European Schoolnet, un organismo da Unión Europea que aglutina distintos Ministerios de Educación e que se ocupa de incentivar as vocacións STEM e a competencia dixital entre o profesorado.

Naír Carrera impartiu unha charla de carácter informal co alumnado explicándolle o seu traballo e a importancia da programación para as profesións futuras. Posteriormente participou nun obradoiro na biblioteca do centro onde o alumnado de 5º curso traballou actividades de programación en distintos recunchos.

Álbum: Curso 2018-2019 -> Semana Europea da Programación

Semana STEM

O noso centro foi un dos seleccionados para participar durante este outono na Semana STEM, un campamento de innovación educativa no que de forma lúdica o alumnado de 6º curso ampliará os seu coñecementos científico-tecnolóxico.

A estadía en réxime de internado terá lugar dende o 11 ao 17 de novembro.

As familias do alumnado asistente deben cubrir en liña o formulario que aparece na seguinte ligazón:

https://www.vermislab.com/gl/semanastem2018/

A contrasinal necesaria para poder acceder achégase físicamente xunto co resto da información (lugar, menús ...)

 

 

English Week

A Consellería concedeunos de novo para este curso escolar a participación na “English Week”.

25 alumnos de 6º poderán asistir de forma voluntaria dende o 21 ao 27 de outubro ao campamento que se celebra nos Peares.

Nos próximos días convocarase unha reunión informativa.

 

Calendario escolar curso 2018-2019

Reunión informativa

O día 10 de setembro haberá unha reunión informativa para as familias do alumnado de Educación Infantil e de 1º Primaria.

O horario de comezo é o seguinte:

  • Educación Infantil - 12:00
  • 1º de Primaria - 13:00

Novo horario

NOVO HORARIO

 

MESES DE XUÑO E SETEMBRO

ENTRADA 9:30     COMEDOR 14:30     

SAÍDA DOS AUTOBUSES 16:00

 

DE OUTUBRO A MAIO

ENTRADA 9:30     COMEDOR DE 13:45 A 15:15 

   SAÍDA DOS AUTOBUSES 16:00

Horario do centro 2018

Listaxe definitiva libros concedidos

Achégase a listaxe definitiva de libros concedidos por alumno para o curso 2018/2019.

 

Listaxe provisoria libros concedidos

No seguinte documento tedes a listaxe provisoria de libros concedidos a cada alumno.

O prazo de reclamacións a ela remata o xoves ás 13:00. Unha vez rematado o prazo publicarase o listado cos libros concretos que lle corresponde a cada alumno/a.

Distribuir contido


by Dr. Radut