Skip to Content

Día de Rosalía

 O día 23 de febreiro celebramos no centro o Día de Rosalía. O alumnado preparou nas súas respectivas aulas a lectura de poemas de Rosalía de Castro para posteriormente representalas para os seus compañeiros. Tamén se fixeron máscaras e outras manualidades. Convidámosvos a visualizar as imaxes do día premendo na foto que está a continuación.

Álbum: Curso 2017-2018 -> Día de Rosalía

Menú marzo

 

Xa está dispoñible na páxina web o menú escolar deste mes.

Preme na imaxe para acceder:

 

 

 

 

 

 

 

Bencho Radio en directo en Onda Cero

O alumnado de enriquecemento curricular visitou o mércores día 21 a emisora de Onda Cero en Ourense. Alí tiveron a oportunidade de participar nun programa en directo.

Velaquí a emisión:

 

Admisión curso 2018-2019

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

 

Procedemento ordinario de admisión do alumnado

Artigo 13.   Informacion ao alumnado e ás familias.

«5. As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado.

«3. O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente nos corresponden­tes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxi­na web da consellería competente en materia de educación.

 

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos in­cluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar.

b) Domicilio fiscal.

c) Renda anual per cápita da unidade familiar.

d) Condición de familia numerosa.

e) Discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia.

  

PLAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN

O prazo estimado na normativa actual para a Solicitude de admisión por parte das familias é do día 1 de marzo ata o 20 do mesmo mes.

 

NOTA INFORMATIVA

  • Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicita praza en primeiro lugar, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun cento, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • O alumnado que ten resevada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

            

Mago Tanito

Onte todo o alumnado do centro puido gozar da actuación do mago Tanito e de Mágico Brais.

Pola mañá houbo unha sesión de máxica para o alumnado de 4º de Educación Infantil a 4º de Educación Primaria. E pola tarde houbo unha sesión especial de Matemaxia para 5º e 6º de Primaria.

Álbum: Curso 2017-2018 -> Actuación Mago Tanito

Sorteo de Entroido

O número agraciado no sorteo do lote de produtos para o cocido de Entroido foi o 

1532

Día da Paz

O día 30 de xaneiro conmemoramos o día da Paz no centro. Todo o alumnado saíu ao patio para cantar unha canción sobre as emocións.

Cada aula escribiu unha palabra de paz nun globo e ao remate da canción soltáronse os globos.

 
 

Menú febreiro

 

Xa está dispoñible na páxina web o menú escolar deste mes.

Preme na imaxe para acceder:

 

 

 

 

 

 

 

El Monstruo de los Colores

Presentación Bencho Radio

É un pracer presentarvos a primeira cuña da Bencho Radio.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut