Skip to Content

Menú xaneiro

 

Xa está dispoñible na páxina web o menú escolar deste mes.

Preme na imaxe para acceder:

 

 

 

 

 

 

 

Sorteo cesta Nadal

O día 21 de decembro sortearase esta cesta de Nadal. Os cartos recadados coas rifas vendidas serán para a axuda da excursión do alumnado de 6º curso.

 

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar de Educación Infantil

Achéganse as bases reguladoras para a concesión de axudas para adquisición de libros de texto e material escolar de Educación Infantil para o curso 2017/2017, publicado no BOP nº 273, do martes 28 de novembro. As ditas bases tamén se poden consultar na páxina web do concello, http://www.concellopereiro.com/es/

Os destinatarios destas axudas son nenos e nenas matriculados en 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, en centros públicos ou privados en tramos concertados.

O prazo de presentación é a ta o día 21 de decembro.

Menú Novembro

 

Xa está dispoñible na páxina web o menú escolar deste mes.

Preme na imaxe para acceder:

 

 

Calendario escolar 2017-2018

Menú Escolar

 

Xa está dispoñible na páxina web o menú escolar deste mes.

Preme na imaxe para acceder:

 

 

Adxudicación fondo solidario de libros

No documento achégase o listado definitivo do alumnado que ten concedido o fondo de libros.

 

Programa Edumotiva

O programa educativo eduMOTIVA ten como obxectivo ofrecer aos centros de ensino non universitario galegos experiencias de diferentes persoeiros de recoñecido prestixio e relevancia na sociedade galega e que destacan en diferentes campos profesionais, para así fomentar no alumnado valores como a motivación, o esforzo, a curiosidade, o pensamento crítico e o traballo en equipo.

Na sección bilingüe de Educación Plástica de 3º de Educación Primaria decídese solicitar unha das experiencias que se ofertan e na que se traballan contidos específicos da área.

A experiencia consiste na visita a Fundación Manolo Paz en Cambados, un escultor de recoñecido prestixio en Galicia. Na súa páxina web pódese consultar información da súa vida e obra.

Aproveitando a viaxe a Cambados contratamos unha visita guiada con Guimatur para facer un roteiro escolar e coñecer de primeira man o traballo das mariscadoras e de recollida das ameixas, longueiróns e navallas. Na galería pódense visualizar as fotos do alumnado recollendo ameixas.

Álbum: Curso 2016-2017 -> Saída a Cambados (3º Primaria) 2

Lista libros de texto curso 2017-2018

Achégase a lista de libros de texto para o vindeiro curso. Prema na imaxe para acceder ao documento.

 

Axudas á compra de libros de texto ou material escolar e acceso ao fondo de libros para o curso 2017/2018

Informamos que está aberto ata o vindeiro 23 de xuño o prazo para a PARTICIPACIÓN DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, E AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

Estas axudas son para o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA. Podedes recoller as solicitudes na Administración do colexio ou a través da páxina http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros, onde figura toda a información sobre estas axudas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut