Septembro 2016

Mochilas

 

Ola a tod@s,dende a biblioteca ,querémosvos informar que as novas mochilas viaxeiras están funcionando.Xa sabedes que son para compartir coas vosas familias e despois ,se queredes podedes adxuntar fotos ,contarnos as vosas experiencias co contido delas,que foi o que máis ou o que menos vos gustou.....

 

Cada titor preparou a mochila cos contidos que mellor lle pareceron pensando sempre en vós,e no que máis vos gusta ler ,ver ou escoitar.

Aquí vos deixamos unha foto de unha das mochilas.

 

 

Este ano , preparamos un espazo na entrada do cole,donde calquera persoa pode desfrutar de libros e revistas que están a disposición de tod@s na Biblioteca.De feito,moit@s alumn@s disfrutan de ese espacio durante o recreo ,ou antes de marchar para a casa,etc.

 

Benvid@ 2016/2017

Ola todas e todos,dende a biblioteca do noso cole queremos darvos a benvida ao novo curso e amosarvos a gran festa que fixemos con motivo do inicio do curso.

Primeiro fomos ás clases para coñecer e saudar aos profesores e aos novos compañeiros.

A continuación ,e mentres os máis pequenos disfrutaban dunha animación a cargo de Cristina Collazo, os demáis participamos por equipos en xogos tradicionais(algo que nos encanta).

Despois foi o turno dos xogos para os peques e nós fomos á biblioteca para a sesión de Cristina ,quen conseguíu que a nosa imaxinación voase ,que a nosa timidez non existise por un anaco e que rísemos e disfrutáramos durante todo o tempo que nos acompañou.

Ao final da mañán tivemos unha sesión de karaoke ,coa que nos divertimos cantando e bailando os temas musicais máis actuais.

 

Ímosvos amosar algunhas fotos que dan conta do magnífico comenzo de curso.

 

      A ENTRADA DO COLE ESTABA PRESIDIDA POR UNHA GRAN MULLER.

                                                      

 

 

 

 

 

             FIXÁDEVOS A ATENCIÓN QUE ESTAMOS PRESTANDO!

 

Powered by Drupal - Design by artinet