CELEBRACIÓN DÍA BIBLIOTECAS 2015

Ola!!

 

Como sabedes o día 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS, ao ser sábado na escola decidimos celebralo o venres 23.

 

Na hora do PLAN LECTOR, en dous grupos (3º, 4º, 5º e 6º e Infantil, 1º e 2º), pasamos pola Biblioteca. Alí estaba esperando algún/ha dos integrantes do Equipo de Biblioteca.

Lembramos as normas básicas da Biblioteca (entrar sen merenda, sen líquidos, falamos moi baixiño...). Procedeuse á entrega dos carnés a todo o alumnado e das MOCHILAS VIAXEIRAS aos titores, que agora terán que preparalas para que empecen a súa andaina polos vosos fogares. Ademais a mestra e ao mestre de Infantil recibiron as bolsas para levar á casa os contos dos venres do alumnado de Infantil.

 

Pero para ilustrar o acto nada mellor que unhas imaxes:

 

Un saúdo a todos e todas.

 

Liatantoscontos

Powered by Drupal - Design by artinet