Outubro 2016

Un doce Samaín

Ola a todas e a todos,imos seguir engadindo noticias á nosa páxina para que poidades compartilas con nós.

Os alumnos de 5º de primaria ,dedicaron estes días a recompilar receitas elaboradas con productos típicos de este tempo ,e como non podía ser menos...."EN FEMININO" , é dicir, dadas polas nais,tías,avoas,madriñas,etc. en definitiva "MULLERES" ,que é como ben sabedes o noso tema central para este curso.

 

Aí vos quedan algunhas imaxes da súa exposición no festival de hoxe, as receitas  e como non podía ser menos unha torta traída por unha alumna de 5º cocoa forma da nosa mascota  "LIATANTOSCONTOS".

 

 

     

                       

 

 

 

 

 

 

Samaín

                                       

                 

 

Hoxe no cole celebramos o Samaín,todos os grupos tiveron a súa pequena posta en escea,pouco a pouco iremos amosándovos as imaxes de todo o acontecido.

Día da Biblioteca

Ola a tod@s

Xa sabedes que para conmemorar o Día das Bibliotecas convocamos un concurso ,no que había que decorar un marcador de páxinas ,co encabezado de A BIBLIOTECA É.....

Está a resultar tan difícil a selección do traballo gañador,que estamos plantexándonos que tod@s sexades gañadores ,plastificar todos os traballos e logo repartilos aos nenos e nenas do cole.ímosvos a amosar algúns de estes traballos.

 

 

 

Outra das actividades levadas a cabo neste día foi a lectura dun conto aos máis pequenos,levada a cabo por nenos e nenas de outros cursos.Veredes o moito que lles gustou.

 

 

 

Por outra banda , hoxe recibimos un regalo moi especial.O profesor e escritor David Otero agasallounos con uns libros escritos por el .Estamos moi ,moi agradecidos e agradecidas por lembrarse de nós pero esperamos velo pronto polo noso cole para amosarlle a nosa gratitude e....a nosa Biblioteca.

NOVOS USUARIOS

Ola a tod@s

Hoxe foi un gran día para LÍATANTOSCONTOS.Os nenos de 5 anos do cole ,aínda non viñeran á biblioteca para levar libros emprestados , pero hoxe tiveron unha sesión de biblioteca para coñecer o seu funcionamento e o uso dos carnets,cales son os libros máis axeitados para eles.....Grazas á sua profe Ana,fixeron uns marcadores coa súa foto  e a súa pegada ( para colocar nos andeis ) cando collen algún libro no tempo de lecer.Todos e todas estaban entusiasmad@s.

Ímosvos amosar unha pequena mostra do seu paso pola nosa biblioteca.

 

 

 

 

 

Dia das Bibliotecas

Ola nenas e nenos, Líatantoscontos recórdavos que de cara á celebración do Día das Bibliotecas,está en marcha o concurso de marcapáxinas ;

A BIBLIOTECA É........

Todos os traballos presentados serán expostos na entrada da nosa Biblioteca , co que resulte gañador ,faremos un marcapáxinas para os nenos e nenas do cole.

ÁNIMO e presentade cantos máis traballos ,mellor.

Samaín

 

Ola  a tod@s,como se acerca o Samaín,a profe Bea,leva a traballar arreo para relacionalo co noso proxecto sobre as mulleres.De este xeito , ocurríuselle traballar "MALAS DOS CONTOS", por iso estase a decorar a entrada do cole con "MALAS ...MALÍSIMAS" e nese espacio fíxose unha selección de libros relacionados co Samaín e co Magosto.

O pasado venres ,durante o recreo,e aproveitando que o tempo non axudaba para saír ao patio , os máis pequenos disfrutaron da selección de libros e aquí podedes comprobar o moito que disfrutaron.

 

 

 

 

Mochila viaxeira

                                                                                                       

 

Powered by Drupal - Design by artinet