Día de Rosalía (Teatro Principal)

O xoves 22 de febreiro tivo lugar no Teatro Principal un acto organizado polo Departamento de Cultura do Concello de A Estrada co fin de conmmemorar o Día de Rosalía de Castro.  Paula (6º EP) e Xián (3ºEP) participaron neste acto recitando dous poemas de Rosalía de Castro "Cando penso que te fuches" e "Cando era tempo de inverno".

Deixámosvos aquí un vídeo onde poderedes velos.

 

 

 

Neste acto tamén se fixo público o vídeo do poema "O pelouro que roda" de Rosalía de Castro, versionado pola Banda da Loba e no que participou o noso alumnado xunto con outros centros educativos.

 

 

 

 

 

Semana de Entroido

Así transcorreu a semana de Entroido no CEIP Cabada Vázquez. O tótem que adorna a nosa entrada foi o encargado de indicar os mandados de Entroido este ano.

Animámosvos a visualizar este vídeo que o amosa.

 

 

CALENDARIO

 

OUTRO ANO MÁIS O ALUMNADO DE 5º E 6º ELABOROU O CALENDARIO PARA O ANO 23-24, BASEADO NO NOSO PDI "O REI LEÓN".

 

 

Agasallámonos cunha bolsa

Un dos produtos finais do primeiro trimestre foi esta bolsa coa imaxe do rei león que temos na aula de música, creada polo alumnado de 5º. Durante esta últimsa semana, todo o alumnado do centro puido pintar a súa propia bolsa para poder levar como agasallo.

                            

                                               

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 

AQUÍ DEIXAMOS AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS DOS CENTROS PLAMBE DA ESTRADA PARA QUE DESFRUTEDES DUN NADAL CHEO DE IMAXINACIÓN.

AdxuntoTamaño
1.jpg58.32 KB
2.jpg51.15 KB

25N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis reivindicamos a eliminación da violencia contra as mulleres, para o cal desenvolvemos distintas actividades no centro, entre elas unha na que participou toda a comunidade educativa e na que tivemos unha colaboración moi especial que queremos compartir con vós.

A igualdade conséguese educando no respecto, a tolerancia, a empatía e o amor!

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES TIVEMOS A SORTE DE CONTAR CO EQUIPO  DE VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA, QUE FIXERON UN MAGNÍFICO TRABALLO CON TODO O ALUMNADO DO COLE PRESENTÁNDOLLE AS DIFERENTES ZONAS COAS QUE CONTAMOS, ADEMAIS DE EXPLICARLLE O FUNCIONAMENTO DO EMPRÉSTITO E O BO USO DA BIBLIOTECA.

GRAZAS POLO BO TRABALLO QUE LEVADES A CABO CADA DÍA.

   

AQUÍPODEDES VER A PRESENTACIÓN NA QUE SE APOIARON. 

O DÍA DAS ESCRITORAS

 O 16 DE OUTUBRO CONMEMORAMOS O DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS, E COMO NON PODÍA SER MENOS, FIXEMOS ESTA GRAN SELECCIÓN DE LECTURAS ESCRITAS POR MULLERES.

 

Powered by Drupal - Design by artinet