A matanza clandestina

Representación teatral a cargo do alumnado de 3º /4º do Ceip Cabada Vázquez, dun acto da obra de Fernando González Graña " A matanza clandestina"

Recomendacións lectoras verán 2022

 

Aquí podedes consultar as recomendacións lectoras dos centros Plambe da Estrada. Que desfrutedes dun bo verán acompañados e acompañadas destas lecturas seleccionadas con moito coidado, esperando que sexan do voso agrado.

AdxuntoTamaño
ED. INFANTIL (3).pdf5.13 MB

As nosas árbores

 Aquí vos amosamos un exemplo do nosos produto final do PDI "Natureza silvestre".

 

A festa das palabras

 

Acudimos á Festa das Palabras para acompañar aos gañadores e gañadoras desta novena edición do concurso de micropoemas e microrrelatos na que participan todos os centros educativos da Estrada.

Por fin puidemos asistir sen restricións a un acto moi bonito. PARABÉNS AOS PARTICIPANTES!!!

 

 

Día do libro

Para conmemorar o día do libro convocamos un concurso de carteis, aquí podedes ver algún deles, en breve  amosaremos o cartel gañador.

Agradecer ao noso voluntariado a labor que está facendo na biblioteca. Imos amosarvos  algúns momentos deste día tan sinalado en que se levaron a cabo lecturas grupais, a cargo destas voluntarias.

 

Pincha para ver 

 

Rosalía en Radio Estrada

Desde este ano, o día de Rosalía celébrase o 23 de febreiro por recentes achádegos da súa biografía que así o confirman. Para darlle a súa merecida homenaxe, aceptamos gustosamente a invitación que desde Radio Estrada e sobre todo Pilar Bernárdez no seu día nos fixo. Acudimos o propio día para participar xunto a outros centros da Estrada e levarlle a nosa versión da presenza de elementos da natureza silvestre na obra de Rosalía. Encargáronse tres rapazas da aula de 5º de primaria, Danna, Jamila e Fátima.  Fixérono tan ben que convidámosvos a que desfrutedes co seguinte audio da súa intervención.

 

AdxuntoTamaño
Día de Rosalía Radio Estrada 2022.mp314.72 MB

"Mulleres Valentes" con Rosa de Cabanas

Este curso, para conmemorar o día da Muller Traballadora (8 de marzo), tivemos a sorte de que Rosa Herráiz, Rosa de Cabanas para moita xente, aceptase a nosa invitación e viñese ao centro a presentar un fermoso traballo seu. Do 3 ao 17 de marzo, estará exposto na Casa das Letras da Estrada, unha exposición de 52 retratos de mulleres de relevancia en diferentes eidos que a autora elaborou o pasado ano, un por cada semana e usando diferentes técnicas gráficas.

A importancia da exposición garda moita relación coa necesidade de dignificar e divulgar as aportacións destas grandes creadoras, e poder comprender as dificultades e inxustas discriminacións que tiveron que sufrir ao longo das súas vidas profesionais.

                                               MOITAS GRAZAS POLA VISITA!!

 

Día de Rosalía 2022

Neste curso, para celebrar por primeira vez o día de Rosalía o 23 de febreiro, participaron representando ao noso centro, Gema e Gorka nun acto moi fermoso na Teatro Principal.  Levaron un poema de Cantares Gallegos e fixérono tan ben que o queremos compartir con toda a comunidade educativa. 

 

Poesía con David Otero

Esta semana de entroido, visitounos David Otero, escritor e mestre veciño de Codeseda, que coa súa naturalidade e frescura ofreceulle ao alumnado de 1º 2º 3º e 4º , un sinxelo pero ameno obradoiro de poesía.  

SEMPRE MOI AGRADECIDOS CONTIGO, DAVID!

Powered by Drupal - Design by artinet